O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Divertimento cos XOGOS TRADICIONAIS
Pódese dicir que os xogos tradicionais ou populares propostos pola Asociación Cultural AIRA DAS MANTAS, o sábado día 15 de novembro, constituiron un éxito rotundo se se toma como referencia o grande número de persoas que -a reo- se achegaron para colle-lo material que a Asociación dispuxo na Praza das Toldas de Maceda.

Por unha banda, a uns/unhas serviulles para actualiza-las súas habilidades e mais destrezas froito de tanto e tanto practicar moitos anos antes –caso dos avós e algúns que outros pais, así como tamén outros que, sen embargo, sendo pais eran e son máis novos- e quixeron se-los primeiros en tirar da memoria; así como, posteriormente, se-los seus netos e/ou fillos quen nun primeiro momento se amosaron abraiados ó tempo que fachendosos por ver como os seus avós/as tamén sabían xogar ós xogos que eles/elas están empezando –como quen di- a desenvolvelos; polo que se podería dicir que son uns meros “aprendices” hoxendía, de termos en conta o escaso tempo que os levan practicando.

Logo a praza , a modo de grande campo de xogo, foise enchendo con xente de tódalas idades, pois tamén se sumaron rapaces/zas que quixeron demostra-las súas habelencias adquiridas ou, mesmo, intentar emular ós máis destros co aro, a corda, a goma, o peón, o truque e mailo diábolo.

Así, todos/as mesturados/as divertíronse ó longo dunhas horas que precederon ó magosto popular que se celebrou posteriormente e que aproveitaron moitas delas para repoñe-las enerxías consumidas por mor das actividades desenvolvidas ó longo da tarde.

Ó remate desta xornada a Asociación repartiu todo a material empregado nos xogos entre os nenos/as que quixeron levalo para seuir disfrutándoo.


Galería de imaxes>>>
Comentarios (0) - Categoría: 02 - Actividades - Publicado o 18-11-2008 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Grande éxito! na xornada dos XOGOS TRADICIONAIS
Pódese dicir que os xogos tradicionais ou populares propostos pola Asociación Cultural AIRA DAS MANTAS, o sábado día 15 de novembro, constituiron un éxito rotundo se se toma como referencia o grande número de persoas que -a reo- se achegaron para colle-lo material que a Asociación dispuxo na Praza das Toldas de Maceda.

Por unha banda, a uns/unhas serviulles para actualiza-las súas habilidades e mais destrezas froito de tanto e tanto practicar moitos anos antes –caso dos avós e algúns que outros pais, así como tamén outros que, sen embargo, sendo pais eran e son máis novos- e quixeron se-los primeiros en tirar da memoria; así como, posteriormente, se-los seus netos e/ou fillos quen nun primeiro momento se amosaron abraiados ó tempo que fachendosos por ver como os seus avós/as tamén sabían xogar ós xogos que eles/elas están empezando –como quen di- a desenvolvelos; polo que se podería dicir que son uns meros “aprendices” hoxendía, de termos en conta o escaso tempo que os levan practicando.

Logo a praza , a modo de grande campo de xogo, foise enchendo con xente de tódalas idades, pois tamén se sumaron rapaces/zas que quixeron demostra-las súas habelencias adquiridas ou, mesmo, intentar emular ós máis destros co aro, a corda, a goma, o peón, o truque e mailo diábolo.

Así, todos/as mesturados/as divertíronse ó longo dunhas horas que precederon ó magosto popular que se celebrou posteriormente e que aproveitaron moitas delas para repoñe-las enerxías consumidas por mor das actividades desenvolvidas ó longo da tarde.

Ó remate desta xornada a Asociación repartiu todo a material empregado nos xogos entre os nenos/as que quixeron levalo para seuir disfrutándoo.
Comentarios (0) - Categoría: 01 - A Asociación - Publicado o 18-11-2008 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xogos tradicionais: ven e divírtete!
O día 15 de novembro de 2008, data en que se celebrará o Magosto en Maceda, temos pensado promover e organizar na Praza das Toldas unha serie de xogos tradicionais como son o aro, o peón, as chapas, as tabas, o truque, a corda, a goma, o diábolo e mailas bólas.
Para iso, poñeremos a disposición de pequenos/as, rapaces/zas e maiores todo aquilo que cómpre para desenvolver estes xogos que, hoxendía, están algo –por non decir moi- esquecidos polos nosos fillos e fillas dado –sobre todo- o cada vez máis espallado costume de se inclina-los noso nenos/as por xogos sedentarios e/ou individuais e, deste xeito, deixar a un lado tantos e tantos xogos populares de parellas e/ou colectivos que antano ocupaban o lecer de todos aqueles/as que eramos nenos/as hai trinta e pico anos e máis e tiñamos por salón de xogos a rúa no canto da nosa habitación como soe se-lo habitual hogano.




Cartel ampliado>>>
Comentarios (1) - Categoría: 03 - Novas - Publicado o 08-11-2008 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Remate do curso INTRODUCIÓN Ó JAZZ
Como estaba programado, tivo lugar o 1 de novembro de 2008 a última sesión do curso INTRODUCIÓN Ó JAZZ, seguida da clausura do mesmo.

Podemos dicir que éste colmou as espectativas dos/das participantes -unha metade, aproximadamente, era a primera vez que nos dispoñiamos a mergullarnos neste estilo de música que, por evolución, deu lugar a moitisimos máis- por unha banda, dado o interesante que resultou e, por outra banda, polo ben que Javier Soto soubo transmiti-lo seu grande coñecemento do Jazz así como, tamén, pola eficaz colaboración de Xoel que foi quen se encargou, no apartado técnico, de darlle una boa fluidez ás moitas audicións das que puidemos disfrutar todos/as.

Polo que se refire á Asociación AIRA DAS MANTAS, expresa-la nosa fachenda pola grande acollida, reflectida no considerable número de asistentes, que tivo a convocatoria deste curso e no que quedou patente que era para tódolos públicos, xa que participaron no mesmo persoas comprendidas entre os 0 e mailos 60 anos, aproximadamente.

Ó final da sesión os participantes agasallamos ó profesor e mailo responsable técnico, Xoel, cuns aplausos e, de seguido, o tesoreiro da Asociación fíxoo cunhas olas elaboradas polo alfareiro Agustín, de Niñodaguia, como agradecemento e lembranza da inestimable disposición e colaboración de ámbolos dous para que este curso se puidera celebrar nas datas propostas.

Logo adiantou éste, como primicia, a próxima actuación -sen concreta-la data nin o lugar- dun grupo de jazz que viría por mediación de Javier Soto e por conta da Asociación.
Comentarios (0) - Categoría: 03 - Novas - Publicado o 02-11-2008 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Remate e clausura do curso INTRODUCIÓN Ó JAZZ
Hoxe, 1 de novembro de 2008 terá lugar a última (6ª)das sesións programadas e maila clausura do Curso INTRODUCIÓN Ó JAZZ que se veu celebrando dende o día 10 de outubro de 2008 en venres e sábados.
Comentarios (0) - Categoría: 03 - Novas - Publicado o 01-11-2008 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
AVISO IMPORTANTE!, relativo ó curso de JAZZ
Poñemos en coñecemento de todos aqueles/las que participades no curso INTRODUCIÓN Ó JAZZ -así como os/as que vos queirades incorporar- que as sesións (3ª e 4ª) que estaban programadas, nun principio, para os días 16 e 17 de outubro non poderán ter lugar, polo que pasarán a se celebrar o venres 17 e sábado 18 e, deste xeito, o curso prorrogarase unha semana máis, concretamente ata o 30 e mais o 31 de outubro, día éste en que rematará o mesmo.

Lembrade que as vindeiras sesións terán lugar na Biblioteca! (no Toural)

Pedímosvos disculpas por non vos termos avisado antes, mais que saibades que a causa desta suspensión non se debe mais cá indisposición dunha das persoas que colaboran cos medios audiovisuais e este contratempo como comprenderedes é imposible prevelo con antelación.

AGRADECEMOS A VOSA COMPRENSIÓN!
Comentarios (0) - Categoría: 03 - Novas - Publicado o 16-10-2008 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Celebrada a 2ª sesión do curso INTRODUCIÓN Ó JAZZ
O sábado día 11 de outubro celebrouse, como estaba previsto, a 2ª das sesións do curso que se está a celebrar en Maceda, concretamente no Salón de Plenos da Casa do Concello, e que a partir da terceira sesión e ata o seu remate cambiará de lugar para pasar a se desenvolver na Biblioteca ubicada no Toural.
Debemos dicir que os/as participantes neste curso están disfrutando del á vez que comentan que lles está a resultar mellor do que esperaban, por unha banda polo contido e por outra, polas grandes dotes de comunicador amosadas por Javier Soto que fai moi amenas as sesións conseguindo que éstas se fagan moi curtas.


Cartel rectificado>>>
Comentarios (0) - Categoría: 03 - Novas - Publicado o 13-10-2008 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¡ATENCIÓN!: Cambio do lugar de celebración do curso de INTRODUCIÓN Ó JAZZ
Por motivos alleos á nosa Asociación vémonos na obriga -por coincidencia de actividades- de varia-lo lugar de celebración do Curso INTRODUCIÓN Ó JAZZ que deu comezo onte sábado, día 10 de outubro, cun considerable número de participantes no mesmo e que tivo que se celebrar no Salón de Plenos da Casa do Concello e onde terá lugar, así mesmo, a 2ª das sesións programadas; mais as restantes, é dicir, as que terán lugar o venres 17, sábado 18 e o venres 24 e sábado 25 celebraranse na Biblioteca ubicada no Toural.
En canto á primeira sesión, podemos dicir que os participantes disfrutaron dos moitos coñecementos que Javier Soto amosou acerca do Jazz que como el calificou é unha música das máis difíciles que hai, pero que tamén tén o seu aquel para atraer e gustar a moitas persoas cando se adentran nela.
Comentarios (0) - Categoría: 03 - Novas - Publicado o 11-10-2008 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Curso gratuíto: INTRODUCIÓN Ó JAZZ
Ó longo de 6 días (venres e sábados: 10-11; 17-18; 24-25) en sesións dunha hora -de 20:00 a 21:00 h.- desenvolverase o curso INTRODUCIÓN Ó JAZZ, de balde e para todos os públicos, impartido por Javier Soto Nóvoa no castelo de Maceda.
Todas aquelas persoas que esteades interesadas en participar en dito curso poderedes inscribirvos o día de comezo do mesmo, é dicir, o venres 11 de outubro no lugar de celebración, o castelo de Maceda.
A asociación cultural AIRA DAS MANTAS -sabedores algúns dos seus membros dos moitos coñecementos que Javier tén acerca dun xénero musical de escasa popularidade para unha grande maioría da xente, como é o Jazz- viu unha fiestra aberta e considerou ésta unha fantástica oportunidade para achegar este estilo a todos aqueles/as que teñan inquedanzas por se adentrar e coñecer este xénero musical tan popular en Estados Unidos.
Foi, pois, esta consideración a que animou á nosa asociación a promover un curso que puidera colmar tal desexo; só quedaba conseguir a colaboración deste para a impartición do mesmo, así que se lle fixo chegar a nosa proposta que inmediatamente aceptou e polo que a Asociación lle está moi agradecida.

Galería de imaxes>>>
Comentarios (0) - Categoría: 02 - Actividades - Publicado o 04-10-2008 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A VIRXE DOS MILAGROS: entre a historia e a lenda
O sábado 27 de setembro de 2008, no salón de Plenos do Concello de Maceda, tivo lugar como estaba prevista a actividade organizada pola nosa Asociación, exposta por Ambrosio Borrajo -socio, á vez que colaborador, da Asociación AIRA DAS MANTAS- sobre A VIRXE DOS MILAGROS: entre a historia e a lenda.
Valéndose dunha atractiva e ben elaborada composición de imaxes foi o ponente relatando e mesturando historia e lenda da VIRXE DOS MILAGROS - dende os tempos en que o conde de Caldelas coa intercesión da Virxe saiu victorioso nas súas disputas cos condes de Pena e de Sandiás, ata a actualidade- cunha afable fluidez que gustou ós presentes que tiveron a ben asistir a esta interesantisima exposición, e que entre outras cousas deu boa mostra das moitas horas que lle leva adicado Ambrosio á recopilación da documentación e a posterior síntese de toda ela para, deste xeito, -imaxes e mais relatorio- conseguir que o público acabara por considerala curta.


Galería de imaxes>>>
Comentarios (0) - Categoría: 02 - Actividades - Publicado o 28-09-2008 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal