Outro atractivo turístico de Maceda que permite disfrutar a calquera visitante da súa exuberante natureza e xeografía, está constituido pola práctica de actividaes hípicas, tanto de carácter lúdico-recreativo e turísticas, como estrictamente deportivas.
O Concello de Maceda dispón dunha Hípica Municipal dende o ano 1997, dotada de excelentes instalacións, con picadeiro cuberto, cuadras de pupilaxe e cabales de propiedade municipal, que calquera visitante pode alugar por un módico prezo, para a práctica libre de actividades hípicas de iniciación, perfeccionamento, doma, turísticas e deportivas. Para eso dispón de múltiples rutas hípicas que van polos paraxes naturais do entorno do Castelo, zona natural do río, os muiftos. Monte Medo, Serra de San Mamede, Cabeza de Meda, etc...
Parello á Hípica Municipal constituíuse o Club Hípico de Maceda, integrado por máis de 40 socios que, sen ánimo de lucro, nas instalacións mencionadas e con carácter complementario fomentan, promocionan e desenvolven actividades hípicas de entretenemento e de carácter deportivo, organizando marchas a cabalo polo monte e polos pobos do concello, rotas técnicas, probas deportivas, desfiles ecuestres, exibicións, etc, con resultados ata agora moi satisfactorios entre os que e destacable:
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Subcampionato provincial de Raid/98, copa Ourense «P», obtido polo xinete xuvenil Pablo Martínez Casas.
- Club Hípico de Maceda: Primeiro equipo clasificado no campionato provincial/98 de rotas técnicas a cabalo, entre máis de 15 equipos participantes. 1a, 2a, 4a, 5a e 6a parella clasificada na 2a Copa Padreado Provincial de Turismo de rotas técnicas a cabalo/98, entre máis de 100 participantes por proba. la e 2a clasificado no Raid típico de Allariz/98.
- Campión galego xuvenil do Raid/99, Copa Galicia «P», obtido polo xinete Abelardo Lage Fernández
As competicións e eventos hípicos case sempre con participación superior a 100 xinetes por proba, fomentan a práctica do uso do cabalo entre os vecinos e visitantes, permitindo asi o disfrute de novas zonas e paisaxes descoñecidas, mediante a utilización de caminos e sendeiros, moitas veces abandonados e en desuso, constituindo éste un atractivo turístico máis para a comarca de Maceda e para o resto da provincia.
Copyright © por MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense) Derechos Reservados.