Una pequeña reseña de la Coral Albricias de Maceda
A coral «Albricias de Maceda», nace en Maceda en 1986, cando un grupo de vecinos desexan realzalos actos celebrados en honra da súa Patrona a Virxen das Neves.
Toma o nome de «Albricias» da primeira canción que preparan. A Partir dése momento, son innumerables os temas que interpretan de tipo: popular, clásico, relixioso, etc...
No primeiro ano da súa andaina, ofrece en Maceda un Concertó de Reís que se transforma mmha tradición da Vila, xunto eos Concertos de Primavera, San Pedro patrón da vila, e a Festa das Neves.
Participa en numerosos encontros con prestixiosas Coráis da provincia (Seixalbo, Celanova, Carballiño,Verín, Xinzo, Allariz, A Gudifia, O Barco de Valdeorras, Manzaneda, Trives, Castro Caldelas, Baños de Molgas, Esgos...); en Ourense ofrece distintos concertos no Teatro Principal, Sta María Nai, Orfeón Ourensán... e da Comunidade Autónoma (Vilagarcía de Arousa, Valdoviño, Oleiros, Noia, Chantada, Bueu, Tabeada...)
Desprázase ó País Vasco para celebrar un entrañable «Día das Letras Galegas».
Interpreta a música de Misas televisadas por TVE e TVG; tamén ofrece o Concertó da Festa do Amor retransmitido pola TVE.
En Xuño de 1996 graba o primeiro disco «Morriña», integramente en galego.
Na actualidade continúa ampliando en mellorando o seu repertorio baixo a dirección de don Constantino Veiga Pérez.
Copyright © por MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense) Derechos Reservados.