Cinemas dixitais
Enviado porAlberto el 29/10/2007 06:55
Contribución de Alberto
Dende o día 2 de novembro, todos los venres proxección de telefilmes en galego
O próximo venres dan comezo unha serie de proxeccións dentro do ciclo de Cinemas Dixitais organizados pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, Televisión de Galicia e a Axencia Audivisual Galega.
O ciclo durará ata o próximo 21 de decembro, con películas proxectadas no Salón de Plenos do Concello de Maceda a partir das dez da noite.
O programa de películas é o seguinte:
Venres, 2 de novembro de 2007
A ATLÁNTIDA- “unha casa que garda segredos familiares...” Sinopsis.- Victoria é unha muller que vive en Barcelona e o único que lle interesa é avida dos eu fillo adolescente chamado Mauro. Despois de moitos anos sen saber nada del, Salinas, o ex-marido e pai de Mauro, entra nas súas vidas. Victoria ponse en contacto con el para vender a casa que teñen en común na Coruña, unha casa chamada A Atlántida. Atopámonos pois cunha historia de dramas personais que se constitúen nunha crónica das últimas décadas do século XX, chea de problema se conflictos sociais. Drama. 88 minutos.
Venres, 9 de novembro de 2007
CONDENADO A VIVIR “Loitou por conseguir o seu desexo: a súa morte...” Sinopsis.- A historia de Ramón Sampedro, condenado a vivir deitado nunha cama por un accidente, reivindica o seu dereito a morrer con dignidade. Un telefilme que se adianta en varios anos a Mar adentro de Alejandro Amenábar coa que establece unhas estrañas relacións. Unha historia intima que toca, de maneira ambiciosa, temas arriscados como é a eutanasia. Drama. 79 minutos.
Venres,16 de novembro de 2007
ENTRE BATEAS “Unha historia de narcotráfico nas Rías Baixas...” Sinopsis.- O filme narra o confilcto que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto conductor de planeadoras, e de Sergio, un antigo amigo seu que opta por pasarse ao tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller –que o abandona farta do seu oficio de contrabandista de tabaco- e os conflictos entre as redes de nacrotraficantes. Drama. 83 minutos.
Venres, 23 de novembro de 2007
MENTÍDOLLE Á VIDA “Unha desaparición detonou odios familiares...” Sinopsis.- Thriller psicolóxico que narra o conflicto de dúas familias, os Durán e os Souto, ante a desaparición da moza Cristina Durán. Todo parece apuntar como culpábel ao seu ex mozo, Enrique Souto, mais a investigación policial, personalizada no inspector Diego Martí, exculpa ao principal sospeitoso. A intervención do xornalista Hannibal Bretal, será fundamental para a resolución do caso. Drama. 89 minutos.
Venres, 30 de novembro de 2007
O PARTIDO “O fútbol converteuse na súa única saída...” Sinopsis.- Unha fábrica do sector da metalurxia en problemas sufre un cambio importante cando a merca unha firma internacional americana. A situación vai a peor e xurde a idea de organizar un partido de confraternización. Mais esta iniciativa acaba sendo un “reto deportivo”entre directivos e traballadores. Comedia. 97 minutos.
Mércores, 5 de decembro de 2007
PATAGHOROBÍ “Unha misteriosa carta complicou a súa existencia...” Sinopsis.- Antón é un escritor novo que recee unha misteriosa carta encadeada. Tras non reenviala tal como lle dictaba o texto da mesma, acorda un día na súa casa e encontra unha moza en coma profundo. Suspense. 70 minutos.
Venres, 14 de decembro de 2007
SARA “As apariencias agocharon o seu terror...” Sinopsis.- A trama principal do filme transcorre entre unha parella de alto nival social e económico na que a muller sofre malos tratos psíquicos e físicos. Sara (Laura Conejero) está casada con Daniel (Manuel Barceló) un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa Cátedra en estudios medievais comeza a maltratala. Sara pertence a unha clase social acomodada na que este tipo de circunstancias ocúltanse tralas aparencias, e así ela vive o seu drama en silencio. Drama. 85 minutos.
Venres, 21 de decembro de 2007
SECUESTRADOS EN XEORXIA “Foro froito dun engano nun país en guerra...” Sinopsis.- Francisco e José Manuel, dous empresarios españois, viaxan a Xeorxia coa intención de comprar unha xoia que en España revenderán a un prezo alto. O intermediario do negocio é Carlos, socio de Francisco en Xeorxia. Mais as cousas non saen como agardaban. A Francisco e a Jose Manuel secuéstranos un grupo de guerrilleiros que, en realidade son cómplices de Carlos. Él pretende levar unha parte do rescate que pagarán as familias dos secuestrados. Historia baseada en feitos reais. Drama. 88 minutos.
|
|
| |
 |
Login |
 |
|
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.
|
|
|
 |
 |
Votos del Artículo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|