Como inauguración do curso 2007-2008 da Escola de Música de Maceda
Aínda que continua aberto o prazo para realiza-la solicitude de prazas para a modalidade de Piano da Escola Municipal de Música. Mais información no Concello (Tf. 988 46 30 01)

O concerto será este sábado 6 de outubro ás oito da tarde no Salón de Actos do Multiusos “Campo da Feira”. Está organizado polo Concello de Maceda coa colaboración da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia.
Esta agrupación de pulso e púa nace na Coruña, no berce de Presto Vivace, Escola de Música, o remate do ano 1994, co apoio incondicional da directora da Escola Cristina Goás Casal.
A Orquestra esta dirixida pola profesora e intérprete Julia María Dopico Vale e composta na actualidade por doce instrumentistas na habitual formación de bandurrias, laúdes e guitarras, os que se lle suman as colaboracións de Xose Luis Mera –Piano-, Raquel Escobar-Canto- e Felipe de la Fuente-percusión-.
Coa súa música a orquestra percorreu toda a nosa xeografía, actuando para os concellos de Laza, Abadín, Lalín, Baiona, Betanzos, Miño, Tui…En diversos Centros Sociais da nosa propia cidade- Labañou, Montealto, Sagrada Familia…en entidades particulares, como o Círculo de Artesanos da Coruña, Sociedade Recreativa da Gaiteira, Sociedade Cultural Tanxedoira, Asociación do Couto de Narón, Sociedade Recreativa da Hípica, Festival de Rondallas de Cambre , Cedeira, Cariño….Sin esquecer as distintas Galas Benéficas que realiza anualmente. Neste 2007 está presente na celebración da Semana da Música en Caranza-Ferrol- e recibe tras participar no VII Cetame Internacional de Rondallas e Corais, celebrado co gallo das Festas de Santiago Apóstolo en Ourense o Primeiro Premio concedido a Rondallas.
A través da súa dirección organizou os Festivais de Pulso e Púa Presto Vivace, nos cales participaron ademais da propia orquestra as agrupacións das mesmas características máis representativas da nosa comunidade autónoma, no marco incomparable do Teatro Rosalía de Castro da Coruña e no Forum Metropolitano da mesma cidade.
Aborda múltiples estilos; pretendendo amosar a máxima variedade de repertorio. Dende temas tradicionais ata outros máis novidosos, imprimindo sempre un carácter diferente que a fai moi persoal, buscando o agrado e a satisfacción dun publico merecedor sempre do noso esforzo constante.