MacedaVirtual entrevista ó Alcalde de Maceda, Fco. Xabier Oviedo
Enviado porAlberto el 24/09/2007 07:05
Contribución de Alberto
Cando se cumpren os 100 primeiros días do seu goberno municipal
Por este motivo MacedaVirtual coa intención de seguir a ser o medio de comunicación de referencia de Maceda e manter informada á cidadanía, remitiulle en días pasados estas preguntas ó Alcalde.
Fco. Xabier Oviedo aceptou a nosa petición e nos concedeu esta entrevista na que nos pon ó día sobre distintos temas de interese xeral e que estiveron de actualidade nestes últimos meses, ó tempo que realiza un balance distes días de traballo e nos comenta os seus proxectos de futuro.
- ¿Como se atopa despois dos 100 días de traballo para Maceda?
- Máis ilusionado que ó principio, porque agora que toquei coas miñas mans os problemas de Maceda, comprobo que hai moito por facer e que os nosos proxectos que tiñamos como grupo pódense levar a cabo.
- ¿Que balance fai destes días?
- Os primeiros cen días acostuman ser para ver como está todo, pór as cousas ó día e preparar o despegue da nova xestión; xa se tocaron e fixeron moitas cousas pero como en todo cumprirán algúns meses para comezar a ver resultados.
- Haberá algunha situación ou asunto que coñeceu unha vez que accedeu á alcaldía e que descoñecía na oposición. ¿Que cousas lle sorprenderon gratamente?
- Ben, ó chegar a un cargo sempre te atopas con moitas cousas que previamente descoñecías. O máis gratificante foron dúas cousas, a ilusión que se lle pode crear ós veciños ó facer un traballo e tamén ó confirmar, que xa mo temía, que no Concello de Maceda contamos cun bo persoal na plantilla para desenvolver o traballo.
- ¿Que cousas lle decepcionaron e que intentará corrixir?
- A situación de abandono no que se atopaba a nosa vila, e máis aínda nas aldeas do rural, creo que teremos que facer unha aposta profunda por modernizar todo.
- ¿Como se ve Maceda dende a cadeira da Alcaldía?
- Pois con moita ilusión... Os que nos consideramos macedáns de toda a vida, amamos o noso pobo, non hai dúbida que nos fai moita ilusión ter capacidade de decisión sobre o seu futuro.
- Aínda que o día da súa toma de posesión, comentou que o goberno municipal sería un e formado por un equipo de persoas que traballarían por Maceda nunha mesma dirección, hai que recordar que está formado por persoas de dous partidos políticos. ¿Pódenos comentar como foron estas relacións e cales son as claves para o bo funcionamento de seu goberno?
- Cumprirei o que dixen na miña toma de posesión, hai efectivamente dous grupos políticos gobernando Maceda, pero que traballan na mesma dirección e funcionando como un equipo de goberno único. As relacións son moi boas, temos diferenzas entre nós claro, pero como persoas non como partidos. Cando digo que temos diferenzas, témolas en igual medida entre todos os concelleiros, sendo incluso do mesmo partido. Se fóramos do mesmo partido político teriamos as mesmas, porque as diferenzas son froito da pasión por facer cousas por Maceda, e estas diferenzas, insisto, son moi positivas. Non me importa recoñecer que Maceda ten un goberno máis estable que incluso en moitos momentos que foi gobernada só por un único partido.
- ¿Creáronse unhas bases sólidas para que non se poida dar outra situación de ruptura similar á de 1996?
- Non hai posibilidade algunha de unha situación como a de 1996, esto durará catro anos, e ó final tereille que dar as grazas ós meus compañeiros de goberno do PSOE polo seu traballo realizado.
- Ningún medio de comunicación, -incluído este- recolleu nada respecto ó soldo do alcalde aprobado no pleno do 17 de xullo; pero este tema transcendeu á opinión pública e creou certo debate. ¿Quere aclarar cal é o seu soldo como alcalde?
- Si claro, calquera veciño ten dereito a sabelo: 1500 Euros mensuais que restándolles os impostos se quedan nuns 1200 Euros. Ó respecto teño que dicir que seguramente calquera xerente de calquera empresa cobra moito máis e seguro que lle dedica menos tempo. Un alcalde non o pode/debe ser por 300 Euros ó mes, por certo.... Considérome suficientemente pagado. Como anécdota teño que dicir que puxen na man dos meus compañeiros de goberno (todos) o salario do alcalde, nunca fun capaz de pórmo a min mesmo. Teño o salario a media xornada para salvar unhas dificultades técnicas debidas á miña profesión, pero non coa idea de dedicarlle ó concello 4 horas diarias, senón para estar as 24 horas do día ó servicio dos meus veciños.
- ¿Que argumentos ten para defender que esa cantidade é xusta e acalar así ós sectores máis críticos?
- Non podo defender o meu salario, non e moi ético, prefiro defender os intereses dos demais, pero podo dicir que, na primeira semana de goberno fixen unha xestión da que recibirá o concello de Maceda unha cantidade de diñeiro superior ó meu salario nun ano, polo que o 2008 xa o teñen os veciños compensado.
- Nestes 100 días tivo entrevistas con mandatarios da Xunta de Galicia, nas que xa se comprometeron distintas actuacións no noso municipio. ¿Confía en que os presupostos da Xunta para o 2008 que se están elaborando estes meses, recollan a partida económica necesaria para as obras de mellora da estrada OU-101 no seu tramo Maceda-Parque Tecnolóxico?
- A estrada OU-101 ten que ser unha realidade, está orzamentada, pero entrou nun proceso de estancamento debido principalmente a unha modificación do traxecto que se ten que producir debido ó futuro Parque do Val da Rabeda. Xa fixemos, eu e a Tenente-Alcaldesa Ana Rodríguez, varias visitas á Xunta para recordarlles o importante desta actuación.
- ¿Que xestións se están a realizar por parte do goberno municipal para este fin?
- Estamos traballando con Política Territorial para que se axilicen os trámites necesarios para que comecen as obras na maior brevidade posible, xa que é unha infraestructura imprescindible para Maceda e o seu desenvolvemento económico.
- Xa deu o primeiro paso na súa promesa estrela da pasada campaña electoral. A rescisión do contrato de aluguer do castelo macedano fíxose eco en multitude de medios de comunicación durante os primeiros días do mes de agosto. En todos os trámites administrativos, hai que ir paso a paso. ¿Como está a situación a día de hoxe?
- Sexamos breves nisto: fase final, esta mesma semana lle comunicamos a rescisión do contrato, hai que darlle dez días de alegacións, e terá que abandonar o edificio en dúas semanas. Aproveito para insistir en que é unha medida non para lucirse o Alcalde, é unha medida para recuperar a dignidade dos macedáns e devolverlles o seu monumento.
- Cando se remate con este procedemento. ¿Que enfoque e utilidade se lle dará ó monumento?
- Teremos que sacalo a concurso de novo, eu daríalle unha oportunidade máis ao mesmo fin como hotel monumento, pero ben xestionado claro, esta vez non deberíamos equivocarnos, sería moi prexudicial para Maceda.
- As Festas das Neves 2007 aínda que foron preparadas nun mes, -cabe recordar que accedeu á alcaldía na segunda quincena do mes de xuño- parece que resultaron ben e que a participación da xente foi moi boa. A cea das asociacións que se celebrou o venres, superou todas as previsións e conseguiu reunir a unha gran cantidade de persoas. ¿Esperábase vostede esta resposta popular?
- Cando se nos ocurriu a idea sabíamos que Maceda tiña moita ansiedade por recuperar a ilusión das cousas, eso se ve, pero a verdade é que non me esperaba tanto, teño que dicir que me emociona facer algo con ilusión e atoparme coa resposta positiva da xente, estoulle moi agradecido ós veciños de Maceda por iso. E aproveito para dar as grazas unha vez máis á Asociación “OS TABERNEIROS DO POBO”.
- Tal e como anunciaron vostedes, xa se está a traballar por parte do Concello na organización das Neves 2008. ¿Pódenos adiantar algún detalle ou novidade desa cita festiva?
- Aínda e moi cedo para iso, pero teño que dicir que a decisión de anuncialo baséase principalmente de quitar aquela idea de que o Concello faise cargo das festas por obriga, e sempre creando a incertidume de se o seguinte ano se farían. Nós firmamos un contrato cos nosos veciños que mentres esteamos no goberno de Maceda haberá Festas e de calidade.
- Finalmente la festa medieval quedou en descanso ata o próximo año. ¿Cales foron as circunstancias ou motivos que fixeron que non se celebrase?
- Creo que as festas hai que tratalas con rigor e seriedade porque son actividades culturais, área que por certo depende directamente da Alcaldía. Non nos vimos co tempo suficiente para darlle os cambios que se merece esa festa, polo que decidimos darlle unha pausa dun ano para preparar unha boa festa no verán do 2008.
- MacedaVirtual informou que o próximo ano cambiará de data, enfoque e incluso lugar de celebración ¿A que se debe ese cambio?
- Efectivamente MacedaVirtual informou ben unha vez máis. A festa do ano 2008 ten que ser máis participativa, máis integrada na vila, aínda que sen deixar de lado o Castelo entendemos que as festas teñen que ser no centro do pobo. Teremos exposicións, actividades lúdicas e trataremos de facer da festa un referente na provincia. Aínda así, e fácil que o xantar en si se manteña nas proximidades do Castelo.
- ¿Considera que non gustaba ós macedáns?
- Tiña dúas partes, o xantar que si gustaba, pero a parte participativa propiamente medieval custoulle sempre arrancar, non había moita xente que puxera os traxes, esa parte terémola que revisar, unha festa sen participación non é tal festa.
- A regulación do tráfico en dirección única experimentada durante as últimas novenas, deu bos resultados evitando atascos no centro da vila. ¿Vai consolidarse como regulación permanente?
- Son dos que me gusta demostrar as cousas con feitos e aínda que finalmente sexa unha regulación permanente, decidín poñela a proba durante as novenas. Agora que xa temos os primeiros resultados estamos estudiando poñela no verán próximo toda a temporada, e, por suposto, a seguinte tiña que ser para sempre. Pero todo isto o faremos co consenso dos comerciantes e os veciños. Unha medida que non é aceptada polos cidadáns nunca é unha boa medida.
- ¿Non podería dar lugar a converter a vila nun circuíto?
- ¿Aínda non o é?, ja ja. Bromas á parte, supoño que a pregunta vai na dirección da condución temeraria. Si, e certo que antes de esta medida temos que tomar outras para poñer freo a condución temeraria que se practica na vila nos últimos anos.
- De cara ó futuro. ¿Que proxectos estrela se vai a marcar como meta e traballar no seu desenvolvemento?
- Maceda non estará ó día mentres non teña infraestructuras como: Parque Empresarial, Gardería Infantil, Políticas de Vivenda e un impulso ó seu comercio. Estamos a traballar en que todo esto e máis sexan unha realidade en Maceda nos próximos anos.
- Como última pregunta e de carácter persoal. Na entrevista de maio, comentábanos que procuraba tocar o piano todos os días ¿Segue facéndoo ou xa non ten tempo?
- Si, toco o piano case todos os días, é unha pasión miña a que non debo nin quero renunciar. Como broma dicir que, se a Alcaldía me fixera renunciar a tocar o piano, comezaría a cuestionarme que o meu salario como alcalde non sería suficiente.
|
|
| |
 |
Login |
 |
|
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.
|
|
|
 |
 |
Votos del Artículo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|