Rematou o Open Galego de Mini BTT con moi bos resultados para os ciclistas macedanos
O pasado sábado, disputábase en Ponteareas (Pontevedra) a derradeira proba do Open Galego de Mini BTT - Xira Caixanova e coa que se dá por remataba a tempada para os integrantes do Club Ciclista de Maceda.

Uns resultados nos que hai que destacar a proclamación de Marcos Villar como vencedor da xeral na categoría de Alevín e do tamén macedano Famiano Gómez en terceira posición desta mesma categoría. Na categoría infantil quedou de segundo Pablo Rodríguez e en terceira posición Jorge Rodríguez, todos eles do Club Ciclista Maceda - Escola Deportiva J.A. Hermida.
Desde Macedavirtual, queremos transmitirlle as nosas felicitacións polos bos resultados.