O domingo a partir das nove e media da mañá.
O percorrido do Campionato de Galicia de Maratón en Bici de Montaña discurre polo Concello de Maceda, tendo a saída situada na mesma capital do Concello na Praza de Benigno Álvarez de onde partiremos en saída neutralizada cara ó castelo medieval; despóis do mesmo, unha vez bordeada a igrexa de San Pedro farase a saída lanzada da proba.
Un xiro á esquerda por unha pista forestal levaranos cara ó pobo de Calvelo; polo camiño atoparemos pistas forestais e moitos sendeiros de bosque nos que resultarán moi difíciles os adiantamentos. Á saída de Calvelo colleremos un treito de estrada cara Vilarellos, que abandonaremos á esquerda por unha pista que nos conducirá ata Casasoa. Polo camiño atoparemos sendeiros de bosque nos que resultarán moi difíciles os adiantamentos. A saida do pobo collemos unha pista de zahorra , recen arranxada, que abandonaremos aos 500 m para adentrarnos de novo entre camiños e sendeiros de bosque autóctono que nos conducirán cara as inmediacións de San Cristovo.
Unha vez sobrepasado S. Cristovo e a altura do Km. 8 atopamos unha charca de lodo que nos indica a proximidade ó pobo de Lamas do Monte, e á cercanía do punto máis alto do percorrido, situado a máis de 800 metros de altura sobre o nivel do mar.

A partires de Lamas, pobo que bordearemos, iniciaremso a baixada cara Bustavalle, onde atravesaremos a estrada OU 104 para adentrarnos nun dos treitos máis técnicos do circuito que nos levará a atravesar o regato da axirei para despois coller unha pista con unha zona de tres repeitos que nos levan ao treito máis rápido do percorrido: pistas forestáis anchas e un tramo de estrada que nos achegan ás inmediacións do Parque Fluvial do rio Sor , en Francos, xa moi preto de Maceda. Dende o Parque chegaremos de novo á saída na Praza Benigno Alvarez para subir polas rúas de Maceda cara o Castelo e chegar a igrexa de San Pedro, onde conectaremos coa saída lanzada e entraremos de novo no circuito.

En resumo, un circuito técnico e divertido de 20 Km. de longo onde atoparemos estradas, pistas forestáis, e, sobre todo, sendeiros de bosque onde, se a velocidade o permite, disfrutaremos dos fermosos bosques da zona.
O Concello de Maceda e o Clube Ciclista Maceda terán todo preparado para facer do Campionato de Galicia de Maraton en BTT unha xornada inesquecible para todos ós participantes.