Según un comunicado de Xabier Oviedo, alcalde de Maceda, recibido hace unos minutos en nuestro buzón el Ayuntamiento ha decidido rescindir el contrato que permitía la explotación del castillo de Maceda como Hotel Monumento.
El comunicado recibido es el siguiente:
"O Grupo de goberno do Concello de Maceda, toma hoxe a decisión de rescindir o contrato do Castelo.
Como alcalde non podo permitir que a situación do Castelo dure un día mais, polo que tomamos a decisión en conxunto dende o goberno Macedano de quitarlle a Concesión do Hotel Monumento Castelo de Maceda a Ignacio Palomanes.
A decisión foi tomada no día de hoxe 2 de Agosto de 2007 e será executada nos próximos días. O proceso non se prolongará mais de 3 ou 4 semanas, que é o tempo que levará a tramitación legal, pero o que queremos destacar é que esta decisión non ten volta atrás posible.
O Concello tiña a débeda cos veciños de devolverlle o seu Castelo e non hai alcaldía sostible sen acometer este punto fundamental de obrigado cumprimento como equipo de goberno que somos.
Aproveitamos dende o Concello para desexarvos as mellores festas das Neves 2007 organizadas con pouco tempo pero con todo o cariño, e que sirva esta nova como mellor regalo nestas datas.
Un Saúdo
Xabier Oviedo
www.enmaceda.com"