Entrevista | Alfonso Rodríguez Vázquez MEMBRO DA ORGANIZACIÓN DA NOITE DO TERROR EN CHAIOSO-MACEDA
Os días 10 e 11 de agosto, venres e sábado, quen queira pasar medo por gusto poderá facelo participando nunha nova edición da Noite do Terror en Maceda
Ao igual que o ano pasado, esta singular actividade nocturna será no pobo de Chaioso, dentro do municipio macedán, xa non no castelo como outrora. Alfonso Rodríguez é un veterán membro da organización de este evento.
-¿Cal é o escenario?
-O pazo de Chaioso, unha construción dos séculos XV e XVI que dependía do castelo e pertenceu á dezasete condesa de Fefiñáns, Araceli Anta Novoa.
-¿Usan todo o pazo?
-Para a Noite do Terror empregamos somentes a planta baixa.
-¿Como resulta a experiencia neste edificio?
-É o segundo ano que se fai alí. O dono é o danés Thomas, que nos facilita as instalacións dun xeito desinteresado. E os veciños do pobo vólcanse moito tamén. A experiencia é boa, segue a liña que se facía no castelo.
-¿Cantas dependencias usarán no espectáculo?
-Entre dez e doce habitacións. Terán iluminación especial segundo o ambiente, cañóns de fumo, neóns...
-¿De cantos membros se comporá cada grupo de espectadores?
-Os grupos serán de seis ou oito persoas.
-¿E a idade mínima?
-A partires dos oito anos.
-¿Non será moito para nenos desa idade?
-Según sexan os integrantes de cada grupo, así será máis ou menos intenso o percorrido terrorífico polo pazo. As persoas que iremos guiando ó público estamos todas acostumados a tratar co público e a enfrentarnos a moitas situacións psicolóxicas. Se hai menores o percorrido adaptarase de xeito automático sen tanta forza como para os adultos.
-¿Houbo noutras ocasións algunha resposta contraria?
-Sempre hai alguén do público ó que a tensión polo medo súbelle dabondo e ten que pedir que o saquen do percorrido.
-Tensión ben seguro que no faltará.
-Haberá criaturas estranas e por momentos o grupo verase asediado por seres e accións ante as que quedará quieto e inseparable. Entre sala e sala, ó pasar por pasillos, non haberá respiro. O visitante estará en activo en todo o seu paseo.
-Aínda haberá unha chea de actores.
-Son entre os 20 e os 25 máis toda a xente que colabora de modo indirecto. Para facermonos unha idea o ano pasado colaborou todo o vecindario para desbrozar os arredores do pazo, que está en abandono.
-Vai a que van montar.
-Hai que escapar dos convencionalismos.