«Faremos unha sardiñada popular para quen queira vir e para os do pobo»
Enviado porAlberto el 23/06/2007 07:35
Contribución de Alberto
Publicado en "La Voz de Galicia" el 23/06/07
Entrevista | Antonio Suárez
Na noite do san Xoán Maceda terá a segunda sardiñada por todo o alto coa Asociación Cultural e Gastronómica Taberneiros, da que o presidente é Antonio Suárez García.
-Seica hai festa.
-Faremos unha sardiñada popular para quen queira vir e para os do pobo. Temos sardiñas, pan e viño por tres euros, cantidade bastante axeitada con catro ou cinco sardiñas. E viño, o que se queira.
-¿Da Ribeira Sacra?
-Non. O viño é do Ribeiro porque temos aquí un colaborador bon. Teremos unha charanga de Vilanova dos Infantes e o tradicional salto das cinsas.
-¿Como resposta a xente?
-O ano pasado vendemos 150 kilos de sardiñas un mollo e medio de viño. Este ano temos para hoxe 200 kilos de sardiñas.
-¿Onde será a festa?
-No medio da vila, ás 19.00 horas. Se chove, onde a igrexa e se non, na praza dos taxis.
-¿Cantos membros forman a asociación?
-Somos dezaoito.
-¿Todos taberneiros?
-Todos, si.
-¿Todos de Maceda?
-Todos, pero non somos taberneiros. Hai granxeiros, policías, funcionarios e de todas as familias.
Ver noticia original en La Voz de Galicia
|
|
| |
 |
Login |
 |
|
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.
|
|
|
 |
 |
Votos del Artículo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|