O sábado participaron na Xira Caixanova en Pontevedra
Este fin de semana o Club Ciclista Maceda – Escola de Ciclismo JA Hermida desprazou a 23 corredores e corredoras para participar na segunda proba das 10 probas do Open Galego de Mini BTT – Xira Caixanova, celebrada este sábado pasado 9 de xuño, en Pontevedra, na Illa das Esculturas, a beira do río Lérez. Este acontecemento deportivo contou con unha importante participación de rapaces e rapazas pertencentes a diversos clubs da xeografía galega.
Os corredores e corredoras do CC Maceda, acadaron podium en case que todas as categorías, sendo os dominadores desta proba de Pontevedra, ao igual que xa acontecera na anterior proba de Monforte..
RESULTADOS:
Categoría Feminina Principiantes B, 2ª Xiana Conde, 3ª Africa Garcia
Categoría Masculina Principiantes B, 3º Julian Blanco
Categoría Alevín Masculino, 2º FamianoGomez, 3º Marcos Villar
Categoría Infantil Feminina, 1ª Ana Prol
Categoría Infantil Masculino, 2º Pablo Rodriguez , 3º Jorge Rodriguez
Tras esta segunda proba, o corredor Famiano Gomez, encabeza a Xeral do Open na Categoría Alevín.
A vindeira proba terá lugar o 7 de xullo en Ponteareas