Maceda viña pedindo un cambio nos últimos dous anos...
Valoración del candidato del BNG a la alcaldía de Maceda, Xabier Oviedo:
"Maceda viña pedindo un cambio nos últimos dous anos, e onte quedou plasmado nas eleccións.
Xuntando os votos do BNG e do PSOE temos unha maioría máis que suficiente para crear goberno, e así o imos facer.
Recordar que as mesas de Maceda as gañou as dúas o BNG, e pese a campaña institucional que fixo o PP aproveitando a alcaldía, fumos quen de manter ben o voto tamén nas mesas dos pobos con uns bos resultados en todas elas.
Agora comeza realmente o futuro de Maceda, e estes catro anos que nos quedan por diante serán decisivos para colocar a nosa vila no lugar que lle corresponde."