Campións galegos de equipos na categoría alevín masculino e terceiro posto en individual
A Escola de Ciclismo J.A. Hermida do Club Ciclista de Maceda, participou onte na final galega de Duatlon Escolar. Aínda que a actividade da escola macedana está centrada no ciclismo, especialmente na especialidade de BTT (Mountain Bike), como xa fixeron en anos anteriores, os ciclistas da vila desprazáronse a Lugo e participaron no calendario galego de Duatlon Escolar. Deporte que consiste en correr a pe, ir en bici e rematar correndo a pe.
Tras clasificarse na fase provincial para a final galega, na xornada dominical acadaron uns moi bos resultados, xa que venceron por equipos na categoría alevín masculino, proclamándose campións galegos. A nivel individual a terceira posición acadouna Marcos Villar. Nesta ocasión doce foron os corredores macedans que se desprazaron a cidade da muralla a participar nesta competición nas categorías alevín, infaltil e cadete. Integrando o equipo alevín masculino: Marcos, Adrian, Esteban, Famiano, Ismael e Ruben.