Unha merecida distinción concedida na quinta edición dos premios + DEPORTE
Despois de estar nomeados por segundo ano consecutivo, os membros da Escola de Ciclismo J.A. Hermida de Maceda recolleron o premio como Mellor Escola Deportiva na quinta gala + DEPORTE, organizada polo xornal La Región. Un premio máis que se suma os éxitos e trofeos que conseguen os ciclistas de Maceda en cada competición na que participan.
Optaban como nomeados nesta mesma categoría a Escola Deportiva de Ourense e a de O Barco. A entrega foi presenciada por centos de asistentes convidados e profesionais do deporte provincial e galego, e na que recolleron o premio tódolos membros da escola macedana.
Dende MacedaVirtual queremos transmitirlle a nosa felicitación por este premio.