Según carta dirigida a los vecinos
Según carta dirigida a los vecinos de la que nos ha hecho llegar una copia, el candidato a la alcaldía del Bloque Nacionalista Galego, Xabier Oviedo emplaza a los restantes candidatos a un debate público. A continuación ponemos el texto de dicho mensaje:
"Estimados veciñ@s:
Falta pouco máis de dúas semanas para que entre todos decidamos o que queremos para Maceda nos vindeiros catro anos. Durante os derradeiros días tiven ocasión de conversar con moitos de vós e palpar as vosas inquietudes. Unha cousa que semella latente aló onde vaia é o interese por coñecer os proxectos das distintas formacións políticas. É por iso que, recollendo este sentir dunha gran parte do pobo, me gustaría aproveitar este medio para invitar os outros dous candidatos á alcaldía do pobo, Manolo e Ana a un debate público, que podería celebrarse no Multiusos do Toural nunha data consensuada entre os tres.
Dende o Bloque estamos convencidos de que os veciños queren contar coa maior información posible para decidi-lo futuro de Maceda. Nós estamos dispostos a dárllela e esperamos que esta proposta causa o mesmo interese nas outras dúas forzas políticas.
Polo ben de Maceda, un saudo.
Xabier Oviedo"