Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Pro-Autovia A-76
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

060808_comida_quintas_08.jpg
060808_comida_q ...

060708_Festas_Chaioso_24.JPG
060708_Festas_C ...

Maceda_desde_el_cielo_12.JPG
Maceda_desde_el ...

050810_XII_Xornadas_de_Folclore_09.JPG
050810_XII_Xorn ...


Photo Gallery


 
Gentes y Personajes Elecciones Municipales 2007 - Entrevista a los candidatos
Enviado poradmin el 11/05/2007 08:30
Contribución de admin

Hace unos días remitimos a los candidatos a la alcaldía de Maceda un cuestionario con preguntas de interés formuladas por macedanos de a pie y algunas recibidas por correo electrónico. En este momento en el que se inicia la campaña electoral os presentamos sus respuestas. ¡Disfrutad de la lectura!

Cuando hace semanas nos planteamos la posibilidad de participar activamente en la vida municipal como medio de comunicación local y global que somos no esperábamos que la idea inicial tuviera tan buenos resultados. Queremos agradecer previamente a los candidatos su disposición a la colaboración con nosotros contestando al cuestionario. Creemos que el resultado es muy interesante y va a gustar a la mayoría.

Las preguntas se plantearon inicialmente en castellano porque esta web cree que así puede llegar a más posibles visitantes y las respuestas han sido todas en gallego. Para respetar la exactitud de lo comunicado y evitar las posibles interpretaciones de las traducciones, las preguntas enviadas y las correspondientes respuestas recibidas se mantienen tal cual sin modificación ni corrección alguna, salvo en el formato para adaptarlo a la página web.

Las preguntas se han destacado para que el lector pueda diferenciar claramente unas de otras. Igualmente se han intentado organizar agrupándolas en función de su temática. Las respuestas se han organizado en todos los casos según el orden de las siglas del partido que representan.

Los candidatos que han respondido al cuestionario son, según el orden alfabético de siglas designado:

 

  • BNG - Fco. Xabier Oviedo Rodríguez
  • PP - Manuel Rodríguez Carballo
  • PSdG-PSOE- Ana María Rodríguez Blanco

 

Población / Demografía

En general los Ayuntamientos de la Provincia están sufriendo una gran pérdida de población, en beneficio de las grandes ciudades o ayuntamientos limítrofes a éstas. ¿Cómo pretende luchar contra este fenómeno y evitar la marcha de macedanos?

BNG: "Temos que aproveitar a situación de vantaxe dada a proximidade con Ourense para promover unha vivenda pública de calidade e de prezo asequibel para conseguir que a xente que traballe en Ourense poida vivir na vila."

PP: "Toda a miña xestión vai encamiñada a dotar a Maceda dos servizos e infraestruturas necesarias, sentei as bases para poder ofrecer un programa que faga que Maceda sexa un lugar onde vivir con calidade : Maceda conta con servizos de gardería, servizos sociais básicos que pretendemos potenciar, cun centro de información á muller, con acceso a internet en lugares públicos, con servizos de atención ós veciños (aparellador, notario, renovación demanda de emprego), biblioteca, multiusos para actividades de ocio, paseos en torno o río en Maceda e Xinzo da Costa...
En infraestruturas: se construíron centros sociais nas parroquias, dotouse de saneamento e abastecemento a varias poboacións, se facilitaron as comunicacións co aranxo de camiños, e estradas, e se consolidaron actividades culturais e de ocio. Se aprobou o Plan Xeral de Ordenación Urbanística por unanimidade de tódolos partidos, na próxima lexislatura adaptarémolo á nova Lei do Solo.
Nos próximos anos, con todo o realizado e despois de facer unha acertada xestión da debeda estou en disposición de presentar proxectos que asentarán poboación: Empezarei a realiza-lo plan parcial de sectorización como primeiro paso á creación do parque empresarial, vamos a solicitar un PREPI, plan especial de protección e rehabilitación das casas da área de protección que figura no Plan Xeral Urbanístico
Dotarei a Maceda dunha piscina climatizada, seguirei reivindicando e apoiando tanto a execución da mellora da OU 101 como da autovía A -76 corredor 3, apoiarei ós sectores económicos do concello con medidas de asesoramento e información, seguirei acercando os servizos ós veciños creando un punto de información catastral e axilizando as tramitacións administrativas empregando as novas tecnoloxías da información.
Pero sobre todo as políticas de benestar social terán un protagonismo especial tal como o veño demostrando ata o de agora na posta en marcha dos servizos e nas actuacións realizadas, esixiremos a construción do centro de día, e potenciaremos a atención domiciliaria, non soamente como un dereito dos veciños senón tamén como medidas de xeración de emprego."

PSdG: "- Mellorando os sevizos de calidade de vida: sanidade (con iniciativas propostas por nós como a unidade de fisioterapia que funcionará próximamente no Centro de Saúde), educación (con medidas de ampliación do horario de apertura ou saída), lecer, cultura, deporte (habilitando centros que cubran as necesidades diversas segundo todas as idades e as características de xénero).
- Mellorando o acceso ó Polígono e Parque Tecnológico.
- Dinamizando a actividade económica :buscando a creación dun parque empresarial e potenciando o desenvolvemento rural aproveitando as medidas que desde o Goberno Central e desde a Xunta se están  a impulsar."

En estos últimos años en las aldeas de Maceda, es mayor ese descenso de población. ¿Sabe si existe alguna aldea sin ningún habitante o que esté a punto de desaparecer? ¿Tiene algún plan para evitar que las aldeas se queden sin quienes las habitan?

BNG: "En Maceda temos algún caso como o da Palela que está a punto de quedarse sen habitantes. Dende o BNG creemos que esta situación de despoboamento no Rural e debido as malas políticas practicadas dende diversas institucións sobre todo a Xunta nos últimos anos. Volver apostar pola Agricultura e Gandería será unha boa medida para frenar a actual tendencia."

PP: "O despoboamento é un problema que se debe atallar con medidas integrais en colaboración coas demais administracións. Estaremos atentos tanto á nova normativa de desenvolvemento rural a nivel de Estado e ó programa de dinamización rural da Xunta para que Maceda conte con tódolos recursos necesarios.
Dende o concello pensamos seguir dotando de infraestruturas básicas (saneamento, abastecemento de auga, arranxo de camiños) poñendo en marcha e mellorando servizos esenciais como son a prestación de servizos sociais para garanti-lo benestar e a calidade de vida dos veciños.
Potenciarei sectores económicos como: a gandería, o uso dos montes de man común (informando das súas posibilidades ós propietarios), darei a coñecer o patrimonio, vamos a seguir coa sinalización de tódolos elementos patrimoniais do concello, fomentar o turismo sinalizando rutas de sendeirismo pobos da Serra ( ano 2007) e trazando a ruta dos muíños
En Maceda existen tres poboacións sen habitantes dende hai moitos anos (Currelo, Curreliño e Paradiña)."

PSdG: "- Existen varios pobos con ese perfil: Paradiña, A Palela, Calveliño, Barreiros, O Real, Lamela, Bascoso,…
- O desenvolvemento do rural o que me referín con anterioridade, suporá que a rentabilidade económica e social reconduza a situación actual.
- A calidade dos servizos como saneamento, vías coidadas, transporte público redundará neste mesmo sentido. "

Algunos ayuntamientos próximos a las ciudades están creciendo como ciudades dormitorio de la capital y los grandes centros económicos. ¿Contempla algún plan para hacer que Maceda sea una ciudad dormitorio de Ourense? ¿Qué medidas plantea?

BNG: "Como antes comentaba, a proximidade de Maceda con Ourense ten que servir para reactivar a poboación sobre todo na vila, aínda que tamén nos pobos. Hai que facer políticas de vivenda adaptables a todas as economías, e sobre todo agora que a vivenda na cidade e prohibitiva."

PP: "Maceda ademais de desenvolver a súa propia economía sendo o centro da vida comercial da comarca e poñendo en marcha o seu propio parque empresarial, pode ofertarse deseñando unha campaña para dar a coñecer a Maceda como un concello que aporta calidade de vida pola súa natureza, a súa historia e o seu patrimonio, ofertando os servizos: centros educativos, PAI, Centro de saúde, Pavillon dos deportes, comercio.
É evidente que a situación do novo polígono industrial e a mellora da OU 101, vai atraer poboación, polo que será necesario ofertar un rexistro de vivenda disponible non soamente no núcleo urbán, senón tamén de casas nas parroquias."

PSdG: "- Maceda tén que ser un núcleo de desenvolvemento propio, iso si, aproveitando a proximidade da cidade."

Urbanismo

El tema urbanístico parece seguir siendo uno de los temas más relevantes en los Ayuntamientos, al ser éstos los encargados de redactar los planes generales de ordenación municipal y velar por su cumplimiento. ¿Qué medidas tomará sobre la construcción y el fenómeno de los "ladrillos" en Maceda?

BNG: "Dende un goberno nacionalista temos que rematar con esa idea de que cada vez que se fala de urbanismo dende unha alcaldía “sube a gasolina”.O PP nos ten habituados a utilizar o urbanismo como medio de enriquecemento dos alcaldes, nos apostaremos por un urbanismo máis xusto para todos, e máis regulado e adaptado o entorno no que nos atopamos. “Debemos acabar ca idea do ladrillo en beneficio do BLOQUE, este último non como elemento de construcción, máis ben como medio de xestión no Concello”."

PP: "Vamos adaptar o PXOU a nova lei do Solo, en canto as vivendas sen rematar xa chegamos a acordos coa maioría dos propietarios que xa as remataron e legalizaron, seguiremos nesta liña."

PSdG: "- Tendo en que conta que será precisa unha revisión para sintonizar coas esixencias medioambientais será o momento de facer as pertinentes modificacións coa axuda financieira que para este fin habilita a Xunta."

La emigración de algunos habitantes o la dejadez de otros hace que algunos inmuebles de Maceda presenten una imagen muy mejorable o ruinosa. ¿Tiene previsión de crear ayudas o algún plan de asesoramiento a propietarios de inmuebles en mal estado o sin rematar?

BNG: "Non se pode facer ningunha política de vivenda seria que non pase por ter en conta a rehabilitación antes da creación de novas vivendas. Dende o BNG pensamos que primeiro e rehabilitar e logo facer vivendas novas. Maceda pese ao lamentable estado no que se atopa de construcción mudaría a súa cara se as vivendas do casco vello se atoparan rehabilitadas."

PP: "O concello pon a disposición dos veciños os servizos do aparellador municipal, seguiremos dando cumprida información e resolveremos con cada veciño a súa situación tal como vimos facendo ata o de agora"

PSdG: "- Abriremos un plazo para reconducir esta situación e cara o futuro, planificar o remate da mesma."

La artesanía está desapareciendo pero podría ser un complemento perfecto para la recuperación de algunos de estos inmuebles en mal estado. ¿Incluye su programa algún tipo de taller de carpintería, cantería/piedra o artesanos en general para fomento del trabajo a la vez que para la recuperación subvencionada de inmuebles y fachadas?

BNG: "Dende o Bloque Nacionalista Galego sempre fumos moi sensibles con este tipo de iniciativas a hora de crear/recuperar os oficios de sempre. Temos pensado a aplicación de políticas para tratar de recuperar os nosos artesáns e tamén buscar formación para que os nosos xoves poidan acceder a iniciativas relacionadas cos traballos de sempre."

PP: "Como concello non temos a capacidade económica para afrontar o proxecto. É por iso que vamos acollernos ás convocatorias dos Fondos Europeos (novo período de programación 2007-2013) para intentar rehabilitar unha casa que sirva de museo etnóloxico e a vez de aula para a recuperación do oficio do ALFAREIRO, xa que dispoñemos de barro de alta calidade e temos unha parroquia de ampla tradición."

PSdG: "- Consideramos a artesanía como unha actividade económica cunha proxección social, polo que promocionaremos a súa recuperación.
- Promoveremos un programa de rehabilitación do casco vello."

Al parecer el reglamento actual del agua no contempla algunos derechos de los consumidores. ¿Tiene algún proyecto de modificación de éste y si es así cuáles son sus propuestas para el tema del agua?

BNG: "Non nos sentimos nada satisfeitos co tema da auga, creemos que os veciños pagan un prezo moi alto tendo en conta o mal servicio que reciben. O chegar a alcaldía será un dos temas prioritarios: “Facer un servicio de auga máis xusto e mellor axustado a economía dos veciños”."

PP: "Un regulamento nunca pode vulnerar dereitos.
Neste último ano acometéronse obras dunha gran importancia para melloralo servizo e correxir carencia na rede de abastecemento dadas as súas deficiencias poloa antiguidade da mesma, xa que esta é de fibrocemento e deposítase nela restos que son de difícil eliminación.
Tamén se fixeron obras por un importe de 640.000 euros na traida de augas do Rodicio con dous depósitos nodriza.
Conexion de rede en circuíto cerrado por Francos e as piscinas para casos de averías.
Rede de abastecemento e trasvase Río Maceda – Río Tioira en ambas direccións."

PSdG: "- Poranse en práctica as medidas axeitadas para garantir a calidade da auga.
- Diversificaremos as taxas segundo situacións particulares como familia numerosa e pensionistas."

Vías de comunicación

La tan prometida mejora por parte de la Xunta de la carretera OU-101 que comunicaría directamente a Maceda con la capital ourensana en pocos minutos, parece que no acaba de hacerse realidad. ¿Qué incluye su programa referente a este tema?

BNG: "A estrada OU-101 será tema prioritario na chegada do BNG ao goberno de Maceda. Creemos que agora máis que nunca e necesaria porque a parte de comunicarnos con Ourense e o Parque Tecnolóxico, será a vía de comunicación perfecta de Maceda co VAL DA RABEDA. O acondicionamento desta estrada e imprescindible para atraer veciños a Maceda."

PP: "Reclamar e esixir a súa execución como vimos facendo ó longo destes oito anos, realizando un seguimento do orzamento e os prazos prometidos, reclamando e tomando as medidas, a última actuación foi unha moción aprobada por tódolos grupos e enviada á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, ademais de enviarlle o malestar do grupo de goberno por non ser informado nen invitado no acto de inauguración."

PSdG: "- O tramo de SantaMariña ó Parque Tecnológico está en obras. Nós apostamos, desde hai anos pola mellora desta estrada porque considerámola vertebradora de desenvolvemento para o noso concello. Urxiremos a súa execución de chegar á Alcaldía, trátase dun tramo que tén estudo técnico e está presupostado. "

La mejora de la carretera OU-101 es criticada por algunos aunque alabada por la mayoría. Algunos argumentan que si se hace la proximidad de la capital puede perjudicar la economía macedana que siempre ha sido referencia de la comarca precisamente por su proximidad a las poblaciones y por su distancia a la capital, aunque por otro lado puede mejorar la vida de macedanos que pueden residir en Maceda y trabajar en la capital estando a tiro de piedra. Por otro lado la mejor comunicación nos posiciona como una alternativa de vida tranquila y ciudad dormitorio lo cual podría atraer nuevos habitantes. ¿Qué cree usted que aportará la mejora de la OU-101? ¿Qué medidas tomará que aseguren el éxito de la OU-101?

BNG: "En pleno século XXI está demostrado que unha poboación ben comunicada ten éxito sempre. As infraestructuras relacionadas ca comunicación sempre enriquecen a economía da zoa. Maceda o que ten que ofertar neste sentido e un comercio de calidade respaldado por políticas turísticas aproveitándose desa proximidade ca cidade que a estrada nos ofrece."

PP: "Non teño a menor dúbidada de que a mellora da OU 101 é un factor decisivo no despegue económico de Maceda, non soamente favorecería a sectores como o da construción, senón tamén o comercio, xa que pode ser un revulsivo ó traer novos clientes para poder modernizar e evolucionar nos seus negocios."

PSdG: "- Cremos que se asentará poboación, sobre todo de xente nova.
- Cremos que aumentará a actividade económica comercial, empresarial, de servicios, en xeral afectará positivamente a todos os sectores. "

Un poco relacionado con lo anterior es el trazado de la futura autovía A-76 por nuestro municipio. ¿Apoya usted este trazado? ¿Qué beneficios nos podría traer? y ¿qué perjuicios? (si los considera)

BNG: "A proximidade do paso de unha autovía en principio e sempre beneficiosa, primeiro polo sentido de comunicación que de por si ela oferta e tamén e non menos importante por todas as infraestructuras viarias que se xeneran o redor dela."

PP: "O concello de Maceda a través da representación do seu alcalde, e de dúas persoas do concello na Xunta Directiva da Plataforma, participa dende o primeiro momento de forma activa na reivindicación do trazado polo Corredor 3 a diferencia do BNG e o PSOE que votaron en contra na Deputación
Considero que o seu trazado soamente traerá beneficios para Maceda, e para toda a provincia, xa que é o que menor impacto medioambiental ten, e o máis necesario para dinamizar o interior da provincia"

PSdG: "- De non ter impacto negativo medioambiental o trazado, consideramos que a autovía contribuiría a mellorar as comunicacións e polo tanto, sería motor de enrequecemento económico."

Cultura y deporte

A lo largo del año, la Concejalía de Cultura desarrolla actividades de todo tipo, de forma individual o colaborando con las distintas asociaciones culturales existentes en nuestro ayuntamiento. ¿Qué actividades desearía potenciar durante los próximos años?

BNG: "A Cultura necesita unha coordinación, aproveitar a boa chea de Asociacións Culturais e Musicais que temos para que participen en diferentes actividades ao longo de todo o ano, non so centrándose nas festas.
Creo que hai que apostar por un símbolo de identidade propio e centrar a nosa Cultura entorno o FELO, creando escolas sobre o mesmo e patrocinando depaso o Entroido que debera ser a nosa principal festa Cultural."

PP: "Pretendo potencia-las festas que se consolidaron nestes últimos anos: Promove-lo Entroido en torno( a figura do Felo, o xoves de comadres, a festa infantil e o martes de entroido ). Implicar ós veciños do concello na Festa Medieval e Gastronómica do Leitón, potencia-la biblioteca como referente non soamente no fomento á lectura, senón como un referente cultural de Maceda. Seguir apoiando as asociacións culturais do concello e introducir actividades culturais nas parroquias."

PSdG: "- Nós apostamos por un Plan Cultural participativo, ilustrador, educativo que axude á autopromoción."

Aparte de seguir manteniendo las instalaciones deportivas existentes del municipio. ¿Estaría dispuesto a impulsar la implantación de unas piscinas climatizadas para que no sea necesario desplazarse a otras localidades durante los meses en los que la climatología no permite utilizar las existentes?

BNG: "Hai que facer un estudio de rendabilidade previo, pero dende logo e unha das iniciativas que a medio prazo nos plantexamos se nos toca a responsabilidade de gobernar Maceda."

PP: "No programa levamos o proxecto para construír unha piscina climatizada; Maceda como referente na comarca é o lugar idóneo, empregando as enerxías renovables e deseñando programas terapéuticos para os maiores. Con respecto ó pavillon este ano aumentamos o persoal para programas de gimnasia dirixidas a grupos no período 2007-2008 vamos a mellora-los gimnasios da instalación."

PSdG: "- Contemplamos a piscina climatizada como unha necesidade ademáis de lúdico-deportiva cunha función preventiva e curativa, desde o punto de vista sanitario, e que mellora en consecuencia a calidade de vida das persoas. Integraríase o servicio de fisioterapia."

Asociacionismo. ¿Va a promover un reglamento de participación ciudadana?

BNG: "Todo movemento Cultura e Social aínda que regulado polas institucións, sempre debe sentar as súas bases nas Asociacións. Ademais creemos que e un bo xeito de mellorar as relacións dos Concellos cos Veciños."

PP: "Dende o concello poñemos e vamos a aumenta-los mecanismos necesarios para que os veciños teñan unha relación máis directa coa administración local aplicando as novas tecnoloxías da información de forma interactiva que facilite a realización de trámites administrativos.
A lei ofrece a posibilidade ós veciños para presentar acordos, actuacións e proxectos de reglamentos en materia de competencia municipal sempre no caso do noso concello que vaian suscritas ó menos polo 20 por 100 de veciños."

PSdG: "- Promoveremos o asociacionismo como base de participación da cidadanía no goberno do Concello."

¿Qué aportaciones y proyectos hacen usted y su partido en cuanto a la cultura y deporte si consigue la alcaldía?

BNG: "Hai que defender o deporte non so como tal, se non como medio para mellorar a saúde e calidade de vida das persoas que o practican.
Dende o BNG entendemos que o Deporte ten que ser participativo e para todas as idades, polo que colaboraremos cas actuais escolas de Fútbol e Ciclismo e apostaremos por unha mellora significativa do Pavillón de Deportes, dotando o mesmo de un novo ximnasio, e garantindo que o Deporte como actividade se atope presente na vida dos Macedáns todo o ano."

PP: "Aporto o traballo realizado nestes 8 últimos anos, a través do concello se fomentaron, xestionaron e promocionaron distintos eventos e actividades culturais, se consolidaron festas: as neves, o nadal, o magosto, o entroido que seguirei potenciando e mellorando, se participa no Outono fotográfico, se apoian activamente grupos e asociacións de todo o concello, asociacións, colaborase con obras sociais e outras entidades para a realización de exposicións.. e temos un programa no que a cultura ocupa un lugar importante tanto para os veciños coma na consideración de que é un factor de desenvolvemento.
En canto ó deporte, o Pavillón é un referente en futbol sala, karate e ginmasia, colaboramos con financiación co equipo de futbol infantil do Club Deportivo Maceda, e apoiamos tódalas iniciativas propostas polos distintos clubs privados do concello."

PSdG: "- Recolleremos as necesidades de todas as idades e das difernciadas por xénero para desenvolver actividades axeitada para todos e todas: nenos/nenas, mozos/mozas, persoas maiores, homes/mulleres."

Castillo

Existe cierto descontento generalizado con la actual gestión del Castillo por parte de su actual arrendatario. ¿Cómo considera el estado en estos momentos del castillo, su nivel de explotación y su actual influencia en la vida social y económica de Maceda?

BNG: "O actual funcionamento do Castelo dende o noso grupo entendemos que e nulo, polo que será unha das primeiras medidas a tomar o chegar a alcaldía. Nos entendemos que os primeiros en beneficiarse do Castelo teñen que ser os propios veciños de Maceda que para iso o están pagando, e na actualidade non se está a cumprir este punto."

PP: "Considero que non é a que todos desexaríamos, cada un de nos tiña unhas expectativas con respecto a xestión do Castelo e a súa influencia no concello. Foi a única proposta que se presentou e todos creemos cegamente nela xa que parecía que podría cumprir cos obxectivos que nos marcaramos dende o concello que era o de ser referente turístico e de desenvolvemento económico en canto o despegue de Maceda cara o Turismo Rural. Realmente a contía económica que ofertou era simbólica, pero todos estábamos dacordo, (1.000 euros anuais máis a inversión en mobiliario e equipamento 120.000 euros inventariados no Concello) que ten que quedar como patrimonio do Concello cando remate a concesión ou cando se lle rescinda a mesma se non cumpre coas condicións do contrato despois dunha sentencia xudicial nese sentido. Sempre fun consciente de que non debo dar pasos equivocados, ou electoralistas e por iso que sempre busquei a unanimidade cos demais partidos, na adxudicación ( PP, BNG, PSOE, CONSELLERÍA) e en tódalas actuacións de requerimento do cumprimento do contrato que se fixeron dende o concello, ningún grupo político manifestou o seu desacordo coas medidas a tomar, nen se propuxeron actuacións distintas ás plantexadas nos plenos como asi constan nas actas dos plenos."
[Nota de Macedavirtual: En este punto el candidato adjunta la transcripción literal de una parte del acta del pleno de 30 de marzo de 2006 que por la extensión del mismo rompería el esquema del cuestionarío, así que esperando que no moleste a nadie, lo hemos copiado de igual forma a un documento estándar en formato PDF que se puede ver pinchando aquí. Si algún visitante no visualiza el documento en este formato que nos lo haga saber por e-mail y se lo publicaremos en el formato estándar que desee](Revisión1-8/5/07 10:12, ver aclaración al final)

PSdG: "- Estudaremos e replantexaremos o contrato establecido, co obxectivo de que o castelo, patrimonio de todos os macedanos e macedanas, sexa un eixo de desenvolvemento turístico-cultural."

¿Tiene previsto tomar algún tipo de medida durante su mandato respecto al tema de la explotación actual del Castillo y del Hotel?

BNG: "A medida está clara, o noso lema de campaña neste tema: “RESOLVEREMOS A SITUACIÓN DO CASTELO OS PRIMEIROS 100 DÍAS DE GOBERNO”. Isto e un contrato que firmamos cos veciños de Maceda o vindeiro 27 de Maio."

PP: "Por parte do concello seguiremos velando polo cumprimento do contrato tomando as decisións en Pleno."

PSdG: "- Se a cidadanía me elixe Alcaldesa, buscaremos que a súa explotación non supoña unha carga económica para a vecindade e artellaremos medios para a súa promoción, porque repercute na promoción da vila e o seu entorno xa que O Castelo tén unha dimensión social e pública."

Medios de Comunicación

Radio Maceda fue durante algunos años un punto de encuentro e información de los macedanos y ayuntamientos vecinos. Con unas instalaciones en desuso, y con una emisión sin aprovechar. ¿Tiene algún punto de su programa electoral para que Radio Maceda vuelva a ser la emisora de los macedanos? ¿Cómo plantearía su funcionamiento?

BNG: "Fácil resposta para un candidato que no seu día foi responsable e locutor da emisora. Pensamos que o desenvolvemento de unha radio local debe ser de ámbito Municipal, pero sempre contando cas diferentes Asociacións Culturais, musicais, etc que existen na vila.
A nivel persoal e como futuro alcalde debo recoñecer que Maceda necesita de un medio de comunicación propio e como tal unha Radio Municipal e o medio máis idóneo."

PP: "Radio Maceda é unha emisora municipal, tense que estudar o tema da lei de competencia e o custo que suporía en caso de ser posible a súa posta en marcha. Cos medios de que dispoñemos internet, e as emisoras locais é necesario estudiar a súa viabilidade,."

PSdG: "- Cremos que todos os medios de comunicación contemplados como servizo público, serven para darnos a coñecer tanto nun ámbito interior como exterior."

Internet. Nuestro medio y cada día el de más macedanos es Internet. El ayuntamiento ha potenciado recientemente su presencia en Internet. ¿Qué proyectos desea desarrollar en este sentido? ¿Tenemos fecha para una administración íntegramente electrónica en Maceda?

BNG: "O BNG e consciente da actual implantación deste medio na vida dos cidadáns. Esta situación a teremos en conta e pouco a pouco iremos implantando novos servizos a medida que os cidadáns así o soliciten."

PP: "O achegamento das Novas Tecnoloxías ós veciños é unha dos grandes obxetivos que sempre me propuxen como alcalde, sendo parte importante na programación que quero presentar ós veciños. Puxemos en marcha a “aula de internet rural “, que empezou a funcionar con grupos, asociacións e o centro social, neste último ano reconvertiremos a aula en telecentro para uso a nivel particular, aínda que continuaremos colaborando con asociacións e o centro.
Maceda puxo o primeiro punto de atención do Servicio Galego de Colocación, que permite grazas ás novas tecnoloxías poder realizar a renovación da demanda sen desprazarse a Ourense.
Na biblióteca puxeronse ordenadores con acceso a internet
Actualmente estamos solicitando un Punto de Información Catastral, puxemos en marcha a páxina WEB que é a base para ir paulatinamente ofertando servizos, pretendo introducir o uso do DNI electrónico e que se poidan realizar xestions administrativas poñendo a disposición non soamente a páxina web do concello, senón facilitar o acceso ós ordenadores do telecentro para a realización de xestións administrativas."

PSdG: "- Internet é un medio de comunicación na actualidade impresecindible para un desenvolvemento cohesionado e de igualdade de oportunidades para todos e todas."

Acceso a Internet. El acceso a Internet está siendo promovido por gobiernos, ministerios, y algunos ayuntamientos. Desde la financiación del ordenador a formación, desde la subvención de las conexiones hasta la creación de áreas WiFi gratuitas en centros, edificios o incluso en áreas públicas urbanas. ¿Contempla usted el desarrollo de algunas de estas medidas para los Macedanos? ¿En qué plazo y en qué medida?

BNG: "Melloraremos as instalacións que actualmente existen relacionadas con este tema na Biblioteca Pública e faremos un estudio de implantación de unha rede WIFI para que os macedans teñan internet como un medio asequibel.
Poremos tamén en marcha cursos de implantación deste medio e da informática en xeral para os nenos, os nosos maiores e por suposto para os nosos empresarios."

PP: "Xa puxemos a disposición dos veciños o servizo na biblióteca, e a aula de internet que foi empregada por asociacións e o centro social, nos mes de setembro funcionará coma un telecentro.
Estamos tramitando a solicitude a Presidencia da Xunta axudas para dar cobertura de banda ancha a todo o concello"

PSdG: "- No marco das novas tecnoloxías o noso concello tén que engancharse á promoción da universalización das mesmas. Estudaremos as solucións que conten con financiamento en consonancia coa nosa realidade."

Televisión. Los vecinos se quejan de que el repetidor no funciona todo lo bien que debiera, Telecinco se ve mal y de los canales nuevos como La Sexta o la TDT no se sabe nada. ¿Tienen alguna medida que vayan a tomar en este tema?

BNG: "Dende o actual goberno estes temas se consideran alleos o Concello por tratarse de empresas privadas as responsables do funcionamento das mesmas. Nos dende o BNG temos unha visión ben diferente, e ca chegada do Bloque Nacionalista Galego o Concello esta situación mudará en breve.
Promoveremos que a implantación da TDT (Televisión Dixital Terrestre) se adiante con respecto a fecha prevista no noso concello."

PP: "Dende o concello xa se están realizando as primeiras xestións coa sinatura de dous convenios"

PSdG: "- Tralo estudo técnico pertinente, promocionaremos a actuación convinte."

Río

Maceda dispone en la actualidad de un paseo fluvial envidiable para disfrutar de un paseo, como de su paisaje. ¿Qué plan tienen ustedes para el mantenimiento y desarrollo de este entorno?

BNG: "Maceda dispón actualmente dun paseo envidiable dende un punto de vista de obra como tal, pero non e menos certo que o estado de abandono do mesmo e case total.
Comezaremos a facer o río noso, cousa que polo de agora os responsables de gobernar Maceda non o recoñecen:
- Crearemos un sistema de mantemento do mesmo
- Tomaremos iniciativas variadas para o aproveitamento do río, (actividades culturais, xogos para nenos, etc)
- Integraremos o paseo cas piscinas por medio dunha ponte."

PP: "Estamos esperando a que a Confederación Hidrografica nos dea a titularidade do paseo, e a ela a quen lle corresponde o seu mantemento, como asi o fixemos constar nos plenos, é por iso que non entendemos que o BNG diga que o concello descoida o paseo.
O concello se fai cargo da súa limpeza e mantemento a risco de invadir competencias, pero para min é máis importante é que os veciños poidan disfrutar dunha obra que tanto nos costou acadar para Maceda, solicitada polo concello e negociada a súa cofinanciación coa Deputación Provincial"

PSdG: "- Como zona de lecer, encontro é un entorno natural que merece unha atención para evitar o seu deterioro e asimesmo ampliaremos as súas posibilidades recreativas."

El paseo fluvial y su entorno se antojan lugares ideales para el desarrollo de nuevos centros y actividades de ocio y tiempo libre. ¿Contempla usted algún tipo de proyecto de potenciación, explotación y aprovechamiento de este lugar?

BNG: "Hai moitas actividades que se poden desenrolar no transcurso do mesmo. Ademais creemos que e un lugar ideal para facer unha aula da natureza, e tamén contemplamos a creación dunha zoa fluvial natural como alternativa as piscinas, e por suposto algunha zoa de merendeiros onde se poda pasar o día e que esa infraestructura non se limite a ser un lugar so de paseo."

PP: "Temos xa elaborado un plan para que o paseo ademais do reclamo en sí mesmo, sexa un espazo no que os muiños e a natureza sexan os protagonistas.Unha vez nos sexa concedida a titularidade crearemos un museo etnográfico e outro de interpretación da natureza do entorno. Tan pronto nos sexa concedida a titularidade empezaremos co proxecto."

PSdG: "- Cremos que é un lugar magnífico para iniciativas como escola de pescadores/as, para achegar o río á infancia, á mocidade, potenciando valores de respecto a natureza, participación en tarefas colectivas e de enrequecemento interxeracional. Lugar para ubicar un albergue, campamentos, zona de parques con aparellos para persoas maiores.
- A limpeza das augas e do entorno serán obxecto dun seguimento."

Fiestas

Las Fiestas de las Nieves desde hace más de una década, parece que se han institucionalizado en la obligatoriedad de su organización por parte del Ayuntamiento. Un asunto en el que nadie quiere saber nada, esquivar si es posible su pago, pero criticarlo si es el caso. ¿Considera que tal y como se está haciendo, es una obligación del Ayuntamiento el organizarlas? Si es así, ¿qué planteamiento tiene para las futuras fiestas?

BNG: "As Festas Patronais de calquera Vila son unhas das actividades máis custosas dende o punto de vista económico de todo o ano, e por tanto e unha irresponsabilidade cargarlle a organización das mesmas a calquera ente privado ou persoal. Dende o BNG sempre defendimos que a organización das festas ten que ser dende os Concellos, outra cousa e que colaboren nas mesmas Asociacións de Veciños e Culturais.
En todo caso os veciños non están na obriga de garantir as festas patronais, iso e responsabilidade directa dos Concellos."

PP: "O importante é que se celebren as Festas das Neves, tódolos anos damos a posibilidade de que grupos ou asociacións de Maceda se encarguen da organización . dende o concello se fomentou a creación dunha asociación para dito fin.
Non consideramos que sexa unha obriga, penso que as festas son boas para os veciños, para os que viven en Maceda e para os que voltan no verán , son ademais unha fonte de ingresos para os negocios, e axudan a mante-la identidade xa que as NEVES son un elemento de identificación con Maceda.
Coma tódolos anos publicaremos un bando para que as persoas, grupos que o desexen poidan organiza-las, no caso de que nadie queira face-lo a asociación promovida polo concello se fará cargo organizando as festas con toda a ilusión como ven facendo nos últimos anos."

PSdG: "- Trataremos de conxuntar as iniciativas particulares e as iniciativas de interés público na súa xestión para atender as diversas demandas desde os distintos sectores da vecindade: infancia, mocidade,… "

Si considera que las fiestas no las debe organizar el ayuntamiento sino que deben ser más populares, organizadas por el pueblo. ¿Qué podría hacer para animar a los vecinos a su organización?

BNG: "Como antes comentei, os veciños so se lles pode pedir colaboración nas mesmas, e para iso si entendemos que o Concello deberá estar aberto."

PP: "Considero que as festas deben ser populares, coa colaboración do Concello. O concello pon a disposición dos veciños a partida económica destinada no orzamento para a festa, ademais incorpora ó programa as actividades contratadas para esas datas, actividades para nenos e nenas nas piscinas, actuación banda de gaitas, as contratadas en circuítos culturais."

PSdG: "- Cremos nunca organización conxunta. O Concello debe recoller as preferencias do pobo e ó mesmo tempo coordenalas."

Otras fiestas. Fiesta como la de San Pedro, Entroido, etc. han estado cogiendo auge los últimos años. La diferenciación con las fiestas de otros parece ser no sólo una alegría para los habitantes del pueblo sino también un reclamo turístico. ¿Tiene intención usted o su partido de fortalecer o mantener estas fiestas? ¿Cuáles son las que cree que pueden mejorarse y cómo planea hacerlo?

BNG: "Maceda está pedindo a gritos unha festa que a converta nun símbolo de identidade.
Nos apostaremos pola Festa do ENTROIDO que deberá xirar entorno o FELO. E por suposto unha festa para promocionar os nosos productos típicos: Carne, artesanía, etc."

PP: "Estou convencido de que o Entroido e a Festa Medieval e Gastronómica do Leitón deben ser un referente e ter unha identidade forte con Maceda. Nos dous primeiros anos de goberno vou a senta-las bases creando planes específicos para cada unha delas tendo como obxetivo que os veciños de Maceda se impliquen e participen, e con posterioridade vamos a promociona-las no exterior."

PSdG: "- A celebración de festas tradicionais que xa forman parte da nosa cultura, non rexeita festas de celebracións puntuais."

Turismo

• Maceda, no nos cabe la menor duda, tiene un gran potencial turístico en cuanto a su paisaje, historia y monumentos. En la actualidad no se puede considerar que tengamos una gran infraestructura destinada al turista, pues existen ciertas carencias hosteleras (alojamientos, restaurantes, servicios e infraestructuras). ¿Cree que el ayuntamiento tiene algo que hacer en esta dirección? ¿Cuáles de estas carencias va a subsanar, en qué forma/medida y en qué plazo?

BNG: "Intentaremos rehabilitar algúns locais de Maceda para logo pasarllos en concesión a iniciativa privada para poder contar cun bo paquete de oferta hostelera, algo fundamental para o desenvolvemento turístico."

PP: "É necesario fomentar e informar á iniciativa privada e promover o concello de Maceda como zona de especial interese para visitar. Soamente así se pode promover a construción de casas de turismo rural ou espazos hoteleros. Agader subvencionaba inversión en casas de turismo rural, agora non é o obxetivo, polo tanto penso que soamente ofertando Maceda como un lugar de interese se pode atraer inversores.
Seguirei traballando na mellora dos servizos e infraestruturas, toda vez de dar a coñecer tódolos servizos e vantaxes das que gozamos."

PSdG: "- Organizaremos todos os aspectos que teñen incidencia na promoción turística nunha ofiicina de turismo, necesaria para dar canle á promoción."

¿Qué herramientas creará usted para aportar a turistas y visitantes incentivos o motivaciones para quedarse en Maceda más allá de ser un simple punto de paso? ¿Cree que un folleto, catálogo, guía o algún otro instrumento puede ayudar a conocer este bello entorno?

BNG: "Temos que utilizar todos os recursos gráficos dispoñibles, así como contemplar a creación de unha oficina turística para que o visitante comprobe a infinidade de posibilidades que Maceda e o seu entorno teñen: Serra, Rural, Balneario de Molgas, Ribeira Sacra, etc..."

PP: "Deseño dunha campaña de promoción de Maceda: Dípticos, vídeo, e participación nas distintas feiras.
Vamos a facer tal como reflexo no programa electoral a sinalización da ruta dos muíños e rematar coa sinalización do patrimonio elaborando paneis informátivos"

PSdG: "- Desde o que supón a actividade dunha oficina, con contido, de turismo se dinamizará cos instrumentos propios a vida turística do concello."

¿Qué planteamiento tiene usted ante nuestra participación en planes de asociacionismo y polarización como el de la Ribeira Sacra o la comarca Allariz-Maceda?

BNG: "Maceda está na obriga de beneficiarse dada a proximidade que ten con entornos turísticos importantes como son a Ribeira Sacra. Ningún lugar que se prece pode sobrevivir ao fenómeno do turismo de xeito localista.
Intentaremos que Maceda sexa un centro dende o cal se poidan visitar multitude de lugares, incluído o mar que recordamos está a unha hora e dez minutos."

PP: "Sempre participamos e estamos implicados en tódolos planes que afectan e sexan beneficiosos para o concello de Maceda, na Ribeira Sacra participamos no LEADER, cos concellos límitrofes mantemos liñas de colaboración."

PSdG: "- En primeiro lugar, que se recoñeza a nosa propia identidade neses dous plans xeográficos nomeados dos que formamos parte."

Rutas de senderismo, hípica, rutas con Quads y 4x4, etc... son algunas de las alternativas que vemos pasar por delante, algunas muy alabadas y otras muy criticadas. ¿Tiene usted alguna opinión acerca de éstas? ¿Alguna regulación, limitación, control o explotación?

BNG: "Partindo de unha visión de respecto e conservación do medio ambiente, tamén temos que recoñecer que Maceda conta cun gran espacio natural como e a Serra de San Mamede, e a cal nos entendemos que ten que dar para todo.
Tentaremos recuperar a hípica e aproveitala para facer rutas polo noso entorno natural.
Faremos un estudio que contemple a posibilidade de levar novas actividades pola serra como poden ser, Sendeirismo, Ciclismo de Montaña, etc..."

PP: "Cada unha das actividades mencionadas ten a súa propia regulación, evidentemente tódas son positivas para explotar turísticamente unha zona, sempre que se cumpra coa lexislación vixente."

PSdG: "- Promoveremos aquelas actividades que teñan unha demanda social real."

Generales

¿Qué cree que le sobra o le falta a Maceda que mejore la vida de sus ciudadanos?

BNG: "Creo que Maceda ten moita falta de achegamento do Concello como Organismo os veciños. Cada vez se produce máis o efecto negativo de que a xente mira para o mesmo ca idea de “Que problema me porán agora”.
Nos faremos dar un xiro de 180º o funcionamento do mesmo, achegalo os veciños e polo o servicio dos mesmos. De tal xeito que cando alguén se achegue o Concello ben para facer unha casa, como para unha iniciativa empresarial de a sensación real de que todo son facilidades."

PP: "Para min, nunca nada é suficiente para Maceda, vou a seguir dotando de servizos que melloren a calidade de vida dos veciños, a aproveitar tódalas oportunidades e recursos de tódalas administracións. Creo en Maceda como referente da comarca e como lugar no que se pode vivir."

PSdG: "- Nós propomos un cambio sereno, progresista para mellorar de xeito sostible."

¿Qué le diría a una persona de fuera para animarla a vivir en Maceda?

BNG: "Que Maceda conta con servizos básicos máis que suficientes para vivir comodamente. Ademais a proximidade coa cidade o fai o lugar ideal para levar unha vida de calidade e tranquilidade."

PP: "Que Maceda é un lugar fermoso, cheo de tradición e cultura, que a xente de Maceda é acolledora que dispón de centros educativos, de saúde, de pavillón, de ríos, de aldeas dunha beleza increíble, que ten comercio e unha Serra chea de leendas e beleza. Que ten unha vivenda asequible e próxima a cidade."

PSdG: "- Que contamos cun medio natural, paisaxístico espléndido; que nós temos un proxecto ilusionante que mellorará a calidade de vida, a dinamización econónmica que tirará proveito dese entorno privilexiado que posibilitará que vivir en Macedaou nos seus pobos permita un alto grao de satisfacción."

En alguna legislatura anterior existieron cargos con sueldo de dedicación exclusiva en el Ayuntamiento. ¿La situación económica actual o en la futura legislatura puede permitir nuevamente esa situación? ¿Va a ponerse sueldo de dedicación exclusiva? ¿O apoyar a otros grupos en ese fin, en caso de no existir mayoría absoluta?

BNG: "Creo que o máis sensato e profesionalizar a función do Alcalde e como tal creemos que terá que cobrar, de igual modo que todos sospeitariamos de calquera médico ou outro profesional que non nos cobrara polos seus servizos.
Dende o BNG estamos convencidos que as situacións económicas deficitarias dos Concellos non as provocan os salarios dos seus alcaldes, senón a mala xestión dos mesmos, moitas veces debidas a pouca dedicación destes."

PP: "Grazas a labor que se fixen nestes oitos anos da xestión da débeda estamos en condicións de poder dispoñer de orzamento para unha dedicación exclusiva.
Xestionar proxectos para Maceda, atender ós veciños, administrar o concello e facer labouras institucionais é cuestión de moitas horas máis que de horarios, polo tanto creo que cada persoa e cada equipo debe organizar a forma de atender as necesidades do concello ben con dedicación exclusiva ben compatibilizando, estou dacordo con calquera das dúas opcións."

PSdG: "- Nós, como socialistas que somos, cremos que os traballadores adquirimos a dignidade pola remuneración que percibimos. Contemplamos a adicación, de chegar, á Alcaldía como un traballo de servicio público."

Personales

Dé a los macedanos un poco de información sobre usted para que le conozcan mejor como persona y como político. Su trayectoria, sus hobbies, lo que quiera.

BNG: "Nacín en Maceda no ano 1967. En todos estes anos vivín na vila e desempeñei diferentes actividades:
Na Emisora Municipal Radio Maceda fun Xefe de programas, Director e Locutor da mesma.
Fun Responsable da Unidade de Voluntarios de Cruz Vermella de Maceda.
Fun Vicepresidente da Asociación de Empresarios de Maceda.
Formei parte da Asociación Cultural OS CABACEIROS e Asociación Cultural Radio Maceda.
Entrei no BNG no ano 1995 e actualmente formo parte do Consello Comarcal na comarca ALLARIZ-MACEDA-A LIMIA.
Actualmente son Concelleiro portavoz do BNG no Concello de Maceda e Deputado Provincial.
Como aficións me gustaría resaltar O Cine, Teatro e o mundo da cultura en xeral, destacando unha gran pasión que sinto pola música, de aí os meus estudios no Conservatorio de Ourense.
Procuro tocar o meu piano tódolos días!!."

PP: "Como persoa son afable, moi familiar e sociable, non me gustan as confrontacións e desexo profundamente o mellor para os meus veciños como político son honesto, transparente e que adica traballo e horas ó concello convencido de que a alcaldía ten algo de vocación."

PSdG: "Se me permiten os encuestadores/as, direilles que esta é a pregunta máis difícil de contestar: falar de unha mesma, creo que non pode ser moi obxectivo, pero tentareino: eu son unha traballadora do ensino público, o nome oficial é mestra numeraria, desde hai 26 anos, dos que primeiro no Colexio Público de Maceda e na actualidade no Instituto transcurre case a totalidade da miña vida laboral. Encántame a miña profesión; disfruto da relación humana co meu alumnado, cada ano igual e diferente; prodúceme unha mistura de orgullo e nostalxia a presencia nas aulas de fillos e fillas de antigo alumnado; encántame a proximidade espontánea, por iso, ás veces na rúa as miñas conversas van de profe, outras de mai, outras de veciña e outras, como non, de muller comprometida con inquedanzas sociais e políticas.
Encántame Maceda: decidín con Luis, meu marido, vivir aquí e construímos aquí a nosa casa. Teño un fillo de 21 anos e unha filla de14.
Compaxinei o traballo con estudos e máis tarde coa atención de mai. Disfruto das actividades nas que podemos participar toda a familia.
A lectura é a miña afeción preferida, tamén pasear,…
Apoiei diferentes reivindicacións como o Instituto, a estrada 101 e a implantación do Ciclo no Instituto."

¿Cuáles son las motivaciones que le han llevado a meterse en política?

BNG: "Creo que son unha persoa de moitas inquedanzas e non soportaría ter posibilidades de cambiar ou aportar algo a sociedade e quedarme de brazos cruzados.
Vexo a política como medio ideal para cambiar o menos un pouco o que está o meu redor."

PP: "Vivo a política dende neno por razóns familiares, sempre vivín a política coma un servizo ós demais, ser alcalde do meu pobo ademais de algo moi satisfactorio é un orgullo e un compromiso. Quero a Maceda e teño un programa realista para que Maceda siga evolucionando.
Pero sobre todo me motiva a relación coa xente, poder intentar e resolver os seus problemas uns pequenos outros máis grandes pero todos importantes.
Traballar polo meu concello …."

PSdG: "O contacto coas familias permiten achegarse á realidade social real. Eu creo que é a miña profesión a que desencadeou o interese por tentar mellorar, non só, as habilidades , destrezas e inculcar valores como docente, senon tamén o interese por tentar mellorar a realidade social do lugar no que vivo."

¿Cuáles son sus mejores argumentos para defender que los macedanos le den el voto a usted y no a otros candidatos?

BNG: "Maceda necesita un cambio de rumbo, e so o BNG ca experiencia política do equipo que levamos está capacitado para levalo a cabo. O PP en Maceda agora representa o continuísmo do que xa temos e non ilusiona, e o PSOE o vexo sen experiencia e tamén pouco comprometido coa vila nos últimos anos."

PP: "A miña transparencia e honestidade, goberno para tódolos veciños e veciñas sen confrontación, tendo en conta as súas necesidades sen que Maceda sexa un obxetivo político para ninguén.
Porque demostrei que podo buscar recursos, crear servizos, xestionar económicamente o concello, falar cos veciños.
Pero sobre todo por que non engano a nadie, o meu obxetivo é Maceda, por enriba de planificacións de partidos."

PSdG: "Creo coñecer as condicións da cidadanía como traballadora, como mai e como veciña. Conto cun equipo preparado e comprometido. De me elexir Alcaldesa, a igualdade , a proximidade, a busca de progreso para todos e todas, rexirá a miña xestión. Levo anos practicando estos valores, por iso me atrevo a pedir o voto, a confianza de cada macedano e macedana."

¿Qué porcentaje de sus proyectos considera que va a realizar durante los próximos 4 años de su mandato?

BNG: "Todo o que proxecto para a vila o considero de primeiro orden, buscarei na medida do posible finanzamento para intentar o menos darlle unha volta a todo.
Eu son dos que non me animo na campaña a prometer cousas imposibles, pero si me comprometo a facer todo o que está na miña man, que por suposto considero que e moitísimo máis do que se ten feito. Maceda tras 4 anos do meu mandato estará irrecoñecíbel."

PP: "Presento un programa que vou cumprir, sei como buscar os recursos e sei como negociar os proxectos que presento
A totalidade"

PSdG: "- Os proxectos que se poden considerar utópicos forman xa parte da realidade desde o momento en que se plantexan, por iso é imposible cifrar a súa consecución."

¿Cuáles van a ser sus prioridades a partir del día 27 de mayo, en caso de ser Alcalde/sa?

BNG: "Reactivar a economía da vila, Políticas sociais e reorganizar o urbanismo na vila contemplando unha zoa industrial para que as nosas empresas e as futuras teñan onde desenrolar a súa actividade."

PP: "Empezar a traballar ó día seguinte para poñer en marcha os proxectos presentados no programa electoral"

PSdG: "- Establecer mecanismos de transparencia.
- Devolver a toda á cidadanía o sentimento de igualdade e solidariedade, apartar o clientelismo."

¿Cuál es el mejor chiste que le han contado últimamente?

BNG: "Os que me coñecen saben ben que son unha persoa cun gran sentido do humor e por tanto me sería difícil escoller.
Máis fácil me resulta escoller entre os peores que coñezo e que se repite cada vez que estamos en campaña: “Cando o Sr. Baltar se acerca a Maceda e nos di o moito que se preocupa da nosa vila”."

PP: [sin respuesta]

PSdG: "- Depende do momento, contáronme varios."

¿Sabe cuánto cuesta un café?

BNG: "Depende do lugar pero ronda entre os 70 e 90 céntimos. Aínda que hai moitos sitios que se animaron a pórlle a tarefa ZP de 80 céntimos."

PP: "Depende donde se tome"

PSdG: "- En Maceda tómase por 80 céntimos, por 75, 90, nas cafeterías que eu frecuento, supoño que pode haber outras cantidades, dependendo do local."

Otras noticias relacionadas:

Candidaturas elecciones municipales 2007
Información de interés sobre las elecciones 2007

Revisión1: 11/5/07 10:12 - Sustituida nuestra nota por otra más clara:
Original: [Nota de Macedavirtual:En este punto el candidato adjunta mediante "copiar-y-pegar" un acta de un pleno sobre que por la extensión del mismo rompería...
Nueva: [Nota de Macedavirtual: En este punto el candidato adjunta la transcripción literal de una parte del acta del pleno de 30 de marzo de 2006 que po


 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Gentes y Personajes
· Noticias de admin


Noticia más leída sobre Gentes y Personajes:
Boda en la familia de los Quintas-Lorenzo


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


Tópicos Asociados

Ayuntamiento-ConcelloEventos y ActividadesNoticias y Prensa

"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.30 Segundos