Cambio de hora do serán do día 22 de abril
Como xa se comentou nos foros desta páxina web, o serán non se confirmou ata a semana pasada, desculpen por avisar algo tarde.
Por estas razóns, tamén teño que informar de que a hora que mencionei na noticia anterior cambiouse para as 18:00, sempre no multiusos, onde era antes o mercado das bestas.
Seguimos agardando que veñades, pois canta máis xente, máis grande será a festa e máis tempo durará.
Desculpen as molestias, e esta vez si, é definitivo.
O DOMINGO 22, ÁS 18:00, NO MULTIUSOS.