Publicado en La Voz de Galicia el 14/4/07
A PIE DE CALLE «Cousas que se saian do normal, aquí no barrio, fanse poucas»
MIGUEL VILLAR, PERRUQUEIRO
Afeccionado ás motos e ó fútbol, Eduardo Lamas Casado é, desde fai 18 anos, un profesional da perruquería de cabaleiros. Nos últimos dous anos e medio arreglou o seu negocio ubicado nos primeiros números da Rúa da Granxa, dándolle outro toque á paisaxe comercial da zona.
-¿De onde lle vén a clientela?
-Vén da Zamorana para aló, de Maceda, de Molgas, de A Valenzá, do Vinteún; teño xente de todo Ourense.
-Esta zona baixa da Rúa da Granxa ten pouco de tranquila ¿non si?
-Por aquí pasa moita xente. Todos o que van para o centro circulan por esta rúa.
-E moitos macedáns.
-Si, é verdade.
-¿Que lle piden os clientes?
-Bueno, é unha perruquería de barrio e a xente de 40 ou 45 anos para arriba prefire pedir o corte clásico. Na xuventude hai de todo. Uns queren o pelo moi cortiño, outros desexan ir coa moda pero non hai moita complicación.
-¿Que se leva hoxe?
-Mechas, fanse moitas e cortes con coleta
Ver noticia original en La Voz de Galicia