Comunicado PSdeG-PSOE de Maceda
Enviado poradmin el 19/03/2007 06:45
Contribución de Anónimo
Os socialistas de Maceda valoran positivamente a visita do Delegado Provincial da COTOP
A Agrupación Municipal Socialista de Maceda reúnese na sede local co delegado provincial da COTOP Raúl Fernández Fernández. Transmítenselle as peticións de actuación de mellora ou execución recollidas das entrevistas coa vecindade referidas ó seu departamento.
Así en relación coa estrada Rabeda OU 101 o Delegado informa que o proxecto de trazado está feito, afectando a 15 km, cunha sección 7/9, presuposto de 7.850.000 euros, de categoría vía de Rede Primaria Complementaria. En breve, procederase o desbroce e poda. O paso seguinte será o de realizar o proxecto construtivo.
Con respecto á obra que se está a realizar, nunha rúa céntrica da vila, para a cubicación dunha marquesiña para estacionamento de autobuses trallo perceptivo convenio da Consellería a través da Dirección Xeral de Transportes co Concello, con data 22 de setembro de 2006, considera que se remate en breve.
Asómesmo trasládanselle solicitudes veciñais de acondicionar diversos tramos de vías públicas que atravesan núcleos de poboación para que a circulación de vehículos non supoña un perigo para a integridade de peóns e de animais. A este propósito o delegado informa que se está a elaborar unha normativa autonómica dada a demanda cidadá sobre este tema. Tamén informa de novos aspectos sobre o transporte escolar, e outros de índole estatal que afectan á comarca que están en fase de estudo técnico.
|
|
| |
 |
Login |
 |
|
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.
|
|
|
 |
 |
Votos del Artículo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|