Hoy comienza la nueva liga comarcal de fútbol-sala
Nos informa Jose Antonio Carballo Pose:
A través da presente desexo comunicarlles o comezo desta liga comarcal de fútbol-sala que cada ano está a ter unha mellor acollida entre os equipos participantes. Este é o 4º ano que se celebra e xa temos un total de 13 equipos participantes e de distintos concellos. Este ano únense dous equipos procedentes dos concellos de Paderne e San Cibrao das Viñas e Vilar de Barrio (Arnuide). Xa son un total de 8 concellos involucrados nesta liga comarcal de fútbol-sala que acolle a maior parte dos partidos no pavillón municipal de Maceda, pero que tamén busca dinamizar o deporte nos pavillóns dos demais concellos participantes, así por exemplo xogaranse algúns partidos de liga noutros pavillóns como son os seguintes: Baños de Molgas, Paderne, Castro Caldelas, etc....
Hoxe Sábado 7 de Outubro escomeza a liga co partido Hexágono F.C (de San cibrao) contra Os jabatos de Tioira (equipo do municipio de Maceda), o partido terá luga as 16:00 horas no pavillón municipal de Maceda.
Distribución dos equipos por Concellos:
Maceda (aporta 5 equipos)
B.Molgas (aporta 1 equipo)
X. Espadañedo (aporta 2 equipos)
Castro Caldelas (aporta 1 equipo)
Esgos (aporta 1 equipo)
San Cibrao (aporta 1 equipo)
Paderne (aporta 1 equipo)
Vilar de Barrio (aporta 1 equipo)
CALENDARIO LIGA FÚTBOL-SALA MACEDA
TEMPADA 2006-2007
1ª XORNADA (DESCANSA O EQUIPO DE VILAR) (Sábado, 7-Outubro-2006)