A Lenda do que alí acontece e que será descuberto na Noite do Terror
Ruídos inexplicables, luces que se acenden e se apagan soas, baixadas repentinas e agudas de temperatura, movemento independente de obxectos, aparicións de sombras móbiles e figuras, obxectos que xurden do aire materializándose, voces de non se sabe dónde, presencias invisibles que rozan ou empurran…
Os casos son numerosísimos dende a máis remota antiguidade e hainos de todo tipo, dende simples anécdotas ata casos estudiados científicamente. Estarían tamén as teorías espiritistas que tratan de explicar eses fenómenos como comunicación co mundo dos mortos, neste caso serían espíritos que fican nese plano da realidade por múltiples razóns persoais (apego intenso a un lugar ou persoa, asunto sen resolver, ignorancia do seu propio estado de morte quizá por unha morte repentina…) e tratarían de comunicarse con ese plano dos vivos.
¿Son en realidade estos fenómenos provocados polos nosos difuntos? ¿Son consecuencia da manifestación da nosa mente? ¿Saberémolo algún día?
O que non admite dúbida algunha é que estos sucesos acontecen.
O misterio segue vivo, tan vivo que invita a descubrilo…..
