Publicado en Cartas al Director de La Región el 16/6/2002
Despois do acoso persecutorio que padecemos os conductores por parte da Garda Cívil de Tráfico (Radares, Coches camuflados, Cotroles de alcoholemia en horarios inapropiados pra cazar os que tomaron un viño na cea en vez de cazar os que realmente orixinan os accidentes nocturnos, etc), ainda hai conductores que non lles chega e piden mais mao dura.
Efectivamente, o tramo que o señor José Rodríguez describe na sección cartas o Director do pasado Mércores 12 de Xuño, e un auténtico perígro, pero non polos conductores que somos os mesmos que en outros tramos que hai moitos menos accidentes, e probablemente circulamos a mesma velocidade, mais bén, polo mal feito que está ese tramo. Non se explica nunha entrada conflictiva a unha cidade, como se sacrifica un doble carril pra coches que viría moi bén pra desconxestionar o tráfico, e se fai un carril de bicis de alto risgo que nin os propios ciclistas o utilizan.
En definitiva penso que chega con que os conductores padecemos as consecuencias de un tramo de estrada mal trazado, atascos, accidentes e demasiadas mortes xa, como pra que teñamos que pagar tamen as multas do mesmo, que sancionen os responsables de esa estrada. Si examinamos detidamente a nova Lei de Tráfico, vemos claramente que se basa en mao dura a os conductores pra preveñir accidentes, pero non se lle pide nada as administracións en canto a facer estradas mais seguras, que iso si e o fundamental pra que non se den accidentes, e se non a pregunta do millón: ¿Porqué no Tramo Povoa de Trives-Ourense a maior parte dos accidentes se concentran neste último tramo?, ¿non somos os mesmos conductores e a mesma velocidade?, se dos conductores fora toda a culpa a siniestralidade se daría en igual medida noutros tramos da citada estrada.
Fco. Xabier Oviedo Rodríguez