Publicado en Cartas al Director en La Región el 19/2/2002
Pasaron xa máis de cen días desque o novo presidente da Asociación de Comerciantes de Maceda tomase posesión do seu flamante cargo, non sin antes pregoar ós catro ventos que faría e que acontecería para dinamizar a vida sobor de todo comercial da vila. Pero ó tempo pasa e pasa e parece que aquela forza foiselle pola boca.
O señor alcalde sigue manexando os palillos dos membros do seu goberno sin deixalos pestañear o máis mínimo. Como bon egocéntrico, non admite a mínima suxerencia respeto ás múltiples actuacións e actividades que son necesarias para sacar adiante este pobo.
A oposición parece que se encontra cómoda no seu “status” de deixar correr as cousas. Todos son iguais. Esta é a crónica duna morte anunciada escrita por laguen, que lonxe de esconder a cabeza, invito a que todos sexamos capaces de dar un paso a fronte para tentar sair desta situación. Non permitarmos que nos calen con unhas cantas farolas. Nós merecemos máis.
E loable e digna meción, a laboura levada adiante no eido cultural e de xeito independente, polas rapazas que saen á rúa ca sua pandereta, polos que saen cas suas gaitas, polos que nos deleitan con unha boísima interpretación teatral, polos que xa levan ás suas costas máis de dez anos cantando e espallando o nome de Maceda por toda Galiza...
Pode que o señor alcalde lles de cincoenta ou cen mil pesetas, pero eso non xustifica a tutela que debería de haber por parte da institución que preside.
E ademáis non é suficiente. Señores gobernantes, diante a sua incapacidade prégolles que abran un novo turno de palabra atravesó da Mesa.
F.Estévez Lorenzo.