Publicado en La Voz de Galicia el 2/12/2001
«Estou cos grupos grandes»
JESÚS MANUEL GARCÍA O CRONÓMETRO:
Antonio Torres Fernández, novo concelleiro do PP en Maceda
Antonio Torres é un empresario de Maceda que onte tomou posesión coma novo concelleiro do grupo de goberno do PP nunha sesión na que foi nomeado tamén, como xuíz de Paz, José Cid Iglesias. Para el isto non é novidade pois xa ocupou ise cargo antes.
-¿Como se sinte repetindo experiencia?
-Satisfeito porque estou metido nun grupo e eu ligo coas súas ideas. Xa fun concelleiro debe haber catro andaduras.
-¿Daquela estaba vostede no goberno ou na oposición?
-Xa estaba no grupo gobernante. Eu sempre estou nos grupos máis grandes.
-¿Sabe xa de que área se vai responsabilizar?
-Non, polo de agora non.
-¿Cal lle gustaría?
-De momento non podo decir nada porque teremos que estudalo e despois xa non é soio o que lle guste a un senon que haberá que arrima-lo hombro ó que sexa.
-¿Que supón para vostede ocupar un sillón nesta corporación?
-Un traballo grande e un servicio ó gusto dos veciños que é moi costoso hoxe e precisamente tal e como está o Concello de Maceda.
-¿Que ideas trae para desenvolver no seu grupo?
-Sempre que entramos temos ideas de tirar sempre polo máis alto posible para ben dos veciños de Maceda e do Concello pero en concreto non hai ningunha porque hai outras varias que teñen prioridade.
-¿De que campo empresarial ven o señor Torres?
-Eu teño dous supermercados, son industrial.
-¿Como lle parece que se atopa a situación da vila?
-Bueno, a vila podía estar millor pero hai unha serie de cousas que fan que non sexa moi fácil de poñela demasiado ben.