El tiempo no ha jugado a favor del evento y los organizadores se han visto obligados a aplzarlo hasta el 23 de abril.
O vindeiro domingo 23 de abril celebrarase a 1ª Concentración de Ultralixeiros Hotel Monumento Castelo de Maceda.
Ten por obxectivo dar a coñecer ao gran público esta práctica deportiva e fomentar o uso do Aeródromo de Baños de Molgas polos afeccionados de Pontevedra e Ourense.
Desde o peche da pista de A Lanzada os afeccionados de Pontevedra utilizan o Aeródromo de Vila Nova de Cerveira en Portugal, onde se creou o Clube de Ultralixeiros Cerval.
As aeronaves concentraranse ao redor das 12:00h no Aeródromo de Baños de Molgas, onde se poderá ver de perto cada un dos ultralixeiros e recibir información detallada dos seus pilotos sobre esta modalidade deportiva. Ao longo da mañá e primeiras horas da tarde evolucionarán polos ceos do Val do Medo e a Serra de San Mamede.
Está asegurada a presenza de trece aeronaves ULM e unha avioneta (procedente de Chaves), dúas das cales debido ás súas dimensións (modelos Pulsar e Toxo) aterrarán no Aeródromo de Xinzo da Limia. A lista de aparatos que acudirán á Concentración é a seguinte:
Constantino Lago González ( Tino)
Orlando Oio Vázquez
Antonio González Mederos (Mederos)
José Ignacio Paz Torrado (Nacho)
Antonio Castelo Silveira (Tom)
Sergio Fernández Martínez
Víctor Iglesias Andre
Pablo de Santiago Díaz
Sinesio Vargas
Manuel Pérez Cerredelo
Manuel López Díaz
Carlos Pintos Barreiro
2 avións “modelo Tango” de Monforte de Lemos.
1 avioneta de Chaves ( Portugal)
Ás 14:00h celebrarase un xantar de confraternidade no Restaurante do Castelo de Maceda durante o cal se nomeará Socio de Honra dos Clubes de Ultralixeiros Meteoro e Cerval ao Alcalde de Baños de Molgas D. Eladio Mangana.
Despois do xantar, ás 16:00h o Instructor de Voo D. Pablo de Santiago Díaz impartirá unha conferencia na Sala Joâo da Nova do Hotel Monumento Castelo de Maceda sobre “Iniciación ao voo en Ultralixeiros e o título de piloto ULM”.
Finalmente os pilotos e os seus aparatos abandonarán o Aeródromo de Baños de Molgas e regresarán ás súas bases.
Haberá un vehículo que traladará gratuitamente ao longo de toda a mañá e primeiras horas da tarde a todos os afeccionados entre o Castelo de Maceda e o Aeródromo de Baños de Molgas.
Un ultralixeiro de segunda mau pode adquirirse desde 18.000€, pero como di D. Sergio Fernández, Presidente dos Clubes Meteoro e Cerval “la seguridad la da un buen motor. Puedes subir en algo parecido a una bicicleta con alas o hacerlo en un buen aparato, con su cabina, su estructura de fibras, su GPS…Un ultraligero nuevo bien equipado te cuesta cerca de 70.000€, aunque puedes obtener buenos aparatos de segunda mano por mucho menos. El mantenimiento es menos costoso que el de una moto: apenas gasolina, y poca. Yo por 50€ voy y vuelvo a Madrid. Son dos horas de vuelo hasta allí”.
O límite só é o horizonte….
Esta 1ª Concentración de Ultralixeiros Hotel Monumento Castelo de Maceda está organizada polos Clubes de Ultralixeiros Cerval, Meteoro e Atómico, polo Concello de Baños de Molgas e polo Hotel Monumento Castelo de Maceda.
Esperamos que nos acompañe o bo tempo e que un bo número de afeccionados e curiosos se acheguen ata as terras de Maceda e Baños de Molgas para ver a evolución distes aparatos nos ceos do Val do Medo e da Serra de San Mamede.
Contactos:
D. Sergio Fernández Martínez.
Presidente dos Clubes de Ultralixeiros Meteoro e Cerval.
Telf.: 630 50 70 85
Maite Palomanes Rodríguez
Relacións Públicas do Hotel Monumento Castelo de Maceda.
Telf.: 606 72 63 79 / 660 408 199