Publicado en La Voz de Galicia 08/03/2006
Entrevista: Carmen Gómez González
Carmen foi elexida este año por UGT para personificar a súa homenaxe ás mulleres traballadoras. No acto, que se celebrará hoxe as 7 da tarde, verá recoñecidos tanto os 36 anos de vida laboral como a súa traxectoria sindical.
-¿Esperaba ser a elexida?
-En absoluto. A verdade e que me sinto moi honrada pola elección pero tamén penso que haberá moitas mulleres que o poidan merecer moito mais ca min.
-¿Cómo era a entrada no eido laboral nos 70?
-Non era fácil. No meu caso ademáis foi por oposición e mandáronme para Cataluña. Imaxina unha rapaza de Maceda, que apenas había viaxado, con vinte anos, en pleno nadal e verme tan lonxe da casa.. foi un trago. En canto ao ámbito laboral, o certo é que nunca me sentín discriminada como muller, si deixamos aparte o feito de que todolos cargos estaban en máns de homes. Pero era un tempo no que ninguén se plantexaba que si quedaba un posto vacante unha muller pudese optar a ocupalo. Nin nos atrevíamos. Era casi pecado pedir un cargo. Hoxe a cousa vai cambiando.
-¿E vostede atreveuse nalgunha ocasión?
-A verdade é que tiven un par de oportunidades pero sopesei moito o que me suporía da miña vida personal. Porque tiña os fillos pequenos e parecíame que estar con eles era importante e que nun posto de responsabilidade tería que sacrificar parte desa faceta.
-Nese senso parece que as cousas non mudaron moito...
-Sí. Por desgracia a muller sigue véndose na disyuntiva de ter que elexir. E non só polos fillos, tamén por ter ao seu cargo persoas maiores. Hai moito que facer no que ten que ver coa corresponsabilidade de tarefas do fogar, e nas políticas de axuda social para que as mulleres podan conciliar as dúas facetas. A balanza está inda moi desequilibrada pero espero que con iniciativas como a última lei que sacou o goberno vallamos millorando.
Ver noticia original en La Voz de Galicia