Despois do parón carnavaleiro, voltou o futbol ó pabillón
O agro perde o liderato o perder contra o seu máis directo perseguidor o Bar Bugallo.
O partido mantivo emoción ata o final pois o marcador (1-1) reflictía a igualdade entre ámbolos dous equipos, no último minuto o Bar Bugallo soubo aproveitar un saque de esquina o primeiro pau da portería que nada puido facer o cancerbeiro do Agro.
Outro dos partidos que prometía bo xogo, era o que enfrontaba ó equipo de Esgos e a Cafetería Ambigú. Partido que se tivo que suspender debido a lesión que sufriu un dos xogadores da cafetería Ambigú que houbo que trasladar de inmediato o centro médico de Maceda, pois o xogador presentaba un forte golpe na cabeza tras sufrir un choque fortuito co porteiro de Esgos.
A data para retomar o partido fixarase nos próximos días.
Os resultados dos partidos da décimo quinta xornada foron:
Eurot. J. Blanco 3 - Asoc. Manzaneda de Limia 2
Agro Ribeira Sacra 1 - Bar Bugallo 2
Asoc. O Cruceiro 4 - Alquiservicios 4
Os Jabatos de Tioira 2 - Differ Arras 4
Colinas F.S. 0 - Embutidos Torroña 4
Esgos 2 - Cafetería Ambigú 2 (partido suspendido cando faltaban catro milutos con 47 segundos do primeiro tempo por lesión dun dos xogadores do eguipo Ambigú).
Calendario da decimo sexta xornada que se celebrará no Pavillón de Maceda, o próximo sábado 11 de marzo:
15:00 horas Cafetería Ambigú - Asoc. O Cruceiro
15:50 horas Embutidos Torroña - Agro Ribeira Sacra
16:40 horas Bar Bugallo - Eurot. J. Blanco
18:00 horas Partido Liga Autonómica
19:30 horas Alquiservicios - Differ Arras
20:20 horas Asoc. Manzaneda de Limia - Esgos
21:10 horas Colinas F.S. - Os Jabatos de Tioira
Clasificación da Xornada nº 15
Bar Bugallo 37 puntos
Agro Ribeira Sacra 35 puntos
Arras Differ 34 puntos
Embutidos Torroña 29 puntos
Esgos 26 puntos (un partido menos)
Cafetería Ambigú 24 puntos (un partido menos)
Asoc. O Cruceiro 16 puntos
Alquiservicios 14 puntos
Eurot. J. Blanco 14 puntos
Os Jabatos de Tioira 12 puntos
Asoc. Manzaneda de Limia 9 puntos
Colinas F.S. 7 punto
Información facilitada por Jose Antonio Pose