Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Pro-Autovia A-76
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

070916_Maratón_BTT_02.JPG
070916_Maratón_ ...

0406paseo-44.jpg
0406paseo-44.jp ...

080812_Fiestas_Martes_26.jpg
080812_Fiestas_ ...

Bailesdesalon_01.jpg
Bailesdesalon_0 ...


Photo Gallery


 
Noticias y Prensa O Xoves de Comadres estrea sete días de diversión, que ofrecen unha ampla oferta
Enviado porAdmin el 23/02/2006 21:00
Contribución de Admin

Publicado en La Región el 23/2/06

"O Xoves de Comadres estrea sete días de diversión, que ofrecen unha ampla oferta gastronómica na fin de semana"



Chega o Entroido e don Carnal comeza a facer das súas. A espontaneidade, a música, os bailes e as cores dos disfraces serán os donos das rúas e romperán, por uns días, a monotonía da vida cotiá. A partir de hoxe, Xoves de Comadres, as distintas localidades da provincia comezan a quentar motores. Hai para tódolos gustos.

Entroideiros e entroideiras, comeza a conta atrás, despois dun ano de longa espera o Entroido xa está de novo aquí. Serán días de excesos, de festa rachada dende a mañá á noite, días de descontrol e de total liberdade, só hai que pensar en bailar e bailar ó son dunha charanga, cantar, rir e disfrutar e, aproveitar para ser, por unhas horas outro, un paiaso, un pirata do Caribe, un brasileiro, un pato ou un home de Cromagnon, non importa, só fai falla imaxinación. A maleta está preparada, chea de disfraces cos que percorrer a provincia, que ofrecen ós visitantes o seu particular modo de entender e vivir o Entroido. Ésta é tan só unha das propostas das moitas que hai, ¿acompañádesme?

HOXE, VERíN E OURENSE

Hoxe é Xoves de Comadrese as mulleres son as protagonistas. Despois dunha cea chega a hora de recibir á Raíña do Entroido, dona Elena, que baixa dende o Castelo ata o barrio de San Lázaro. As comadres e as charangas animarán a procesións dos fachóns ata a praza García Bar bón. A festa xa está acesa e durará o que teña que durar.

VENRES, CELANOVA

É o Venres Colchoneiro e penso dirixirme a Celanova e ver como é esta festa. A partires das 21.00 horashaberá unha concentración na Praza Maior con todos os que se atrevan a meterse nunha funda de colchón e pasar toda a noite dentro, vendo, bebendo e falando a través dun pequeno burato.

SÁBADO, MACEDA E VILARIÑO DE CONSO

Será un día intenso, a eso das 9.30, saen os primeiros Felos, o traxe típico de Maceda e farán un percorrido por todas as aldeas do Concello. Despois, rumbo a Vilariño de Conso, un dos entroidos xunto co veciño de Viana do Bolo, que por estaren máis alonxados convervan prácticamente intactas a súas tradicións. Ás 12.00 horas saen os folións coa súa tamborrada a percorrer as rúas da localidade e poderánse ver os primeiros boteiros, o traxe típico que comparten tamén con Viana e que destaca pola súa gran pantalla multicolor, que pode chegar a pesar uns 20 kilos e ter unha extensión de un metro cadrado, é realmente espectacular. Unha vez en Vilariño hai que aproveitar para degustar o cabrito.

Será as 14.00, na carpa situada na área recreativa do pavillón. O próximo destino será Xinzo de Limia, alí non hai descanso e toda a tarde haberá “charangueo" polas rúas da vila. Ás 19.00 horas os máis inxenionos e satíricos da vila participan na XXIV edición do Festival da Canción Humorística do Entroido. Despois festa rachada ata que o corpo aguante en Xinzo.

DOMINGO, VIANA E OURENSE

Ten especial interese a Festa da Androlla en Viana do Bolo, e o desfile de folións e boteiros. Pódese beber, bailar e encher o bandullo dun dos pratos máis típicos e singulares da zona. Pola tarde, unha parada en Verín, é o domingo gorgo e merece a pena ver ós cigarróns impondo a súa propia lei. Despois, é o gran desfile en Ourense, non é o Entroido máis tradicional pero cada vez hai máis ambiente. ¿Cansados? Queda moita noite, ás 22.30, está prevista unha festa rachada na praza do Correxidor, haberá charangas e o concurso de comparsas.

Ver noticia original en La Región



 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Noticias y Prensa
· Noticias de Admin


Noticia más leída sobre Noticias y Prensa:
Elecciones Municipales 2007 - Información de interés


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.52 Segundos