Outra semana máis voltamos cun novo cambio de lider, con atraco incluido, pero cambio de lider o final.
Ocurriu no partido entre o AGRO RIBEIRA SACRA e o Bugallo. o resultado xa o di todo de por si: 2-1 a favor do Bugallo e co gol da victoria nos últimos instantes de partido. O partido saldouse con 2 expulsados por parte do Bugallo por insultos o colexiado e a partir de entón o árbitro quizáis asustado pola presión exercida decidiu votar unha man o Bugallo para non complicarse.
Esperemos que non volvamos ver máis arbitraxes na liga, máis que nada polo ben do espectaculo e para non adulterar unha competición xa de por si bastante castigada (lembremos que no mes de outubro pasado inda estaba a rematar a tempada 2004-2005!!)
No resto de resultados da xornada cabe destacar asuspensión do partido entre Esgos e a cafeteria Ambigu por unha lesion dun xogador deste último. esperemos que quede so nun susto. Tamen a victoria do Torroña sobre o Colinas que viña de gañar os dous ultimos partidos e parecia que se estaban a recuperar do mal inicio da tempada.
A cabeza lideraa agora o Bugallo con 37 puntos (3 deles roubados)e en segundo lugar o AGRO RIBEIRA SACRA con 35 puntos.
Esperemos non ver máis arbitraxes como o desta fin de semana ou senón os equipos excusarían xogar posto que se a liga ten que ser pa algúns por decreto que lle den todo e xa non se perde o tempo nin se engaña a afición que se molesta cada fin de semana en acercarse o pavillón a ver fútbol sala e non atracos.
En fin acabouse a semana dos atracos: o martes no entroido de Maceda cas polémicas decisións dos premios das carrozas e o sábado no pavillon de Maceda. Esperemos qiue todo quede ahí....!
Ala, que vos medre!