Publicado en La Región el 7/2/2002

A globalización non é un fenómeno social tan moderno como parece, ó menos no que a arte da transmutación se refire. Quen se mergulle por uns intres nos contidos da exposición A cultura da máscara, aberta dende hoxe ó publico no salón verde do Concello de Maceda, decatarase de en todo ser humán hai un impulso ancestral a xogar a ser outro detrás duna carauta.
Os felos de Maceda, os cigarróns de Verín, ou os peliqueiros de Laza, amosan un gran parecido cas bailarinas de Tatilco (México) e cos danzantes de Ambato (Ecuador), e en Bulgaria, os sourvaskari visten as mesmas corozas de palla que utilizan os habitantes da Serra de San Mamede para meter medo polas corredoiras durante o Entroido.
A. CANAL.