Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Pro-Autovia A-76
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

071119_Mejora_0U-101_09.jpg
071119_Mejora_0 ...

070512_CCMaceda_en_Monforte_03.jpg
070512_CCMaceda ...

080811_Lar_dos_Felos_12.jpg
080811_Lar_dos_ ...

070220_Desfile_Martes_01.JPG
070220_Desfile_ ...


Photo Gallery


 
Noticias y Prensa Un libro recupera a figura do galeguista Xosé Lois Parente
Enviado porAdmin el 25/02/2006 19:00
Contribución de Admin

Publicado en El Correo Gallego el 25/2/06



Para sacar do esquecemento o poeta ourensán Xosé Lois Parente, o docente e investigador Santiago Prol presentou onte na Torre da homenaxe do castelo de Maceda un libro sobre a vida e a obra deste autor vangardista que compartiu mitins con Otero Pedrayo ou Alexandre Bóveda.

Baixo o título Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República, o autor descobre a súa obra poética en galego, da que fai unha escolma, e en castelán. Como gran coñecedor da literatura galaico-portuguesa medieval, "o peso da tradición galaica e provenzal remanece nel" recolle o libro, no que o investigador compila dezaseis composicións de Con Prisma Azul (La Región, 1933) xunto con outros poemas que recuperou Prol. A exaltación patriótica, as paisaxes, o amor e o fantástico eran algunhas das temáticas nos versos de Parente.
"A mágoa foi que non publicase outro volume na lingua galega que tan vehementemente defendeu na etapa republicana", afirma Prol na publicación, que tamén inclúe algúns exemplos da súa produción en castelán que se centrou en versos "con connotacións nidiamente relixiosas, ensarilladas con acenos de corte amoroso" que deixaban ver "a súa militancia católica" explica o autor.


O resto da súa obra achégase ao mundo urbano, "onde a muller semella conformarse como tema central", feito polo que dedicou versos "a bastantes damas" como Pilar Doménech, María Romero de Torres ou Maruxa París...


Aínda que intensificou a súa creatividade en galego coa chegada da II República, Parente pasou "á historia da nosa literatura como un discreto autor que Carballo Calero incluíu na Xeración do Seminario ou que Álvaro Casas inxeriu na corrente do Vangardismo" comenta Prol, quen relata no libro como dende finais de 1935 "perdémoslle a pista á súa creatividade poética en galego. Algún que outro poema en castelán no contexto da preguerra e da guerra e logo a miseria ambiental, intelectual e moral dos anos 40".


Columnista en Ourense

Dende 1931 colaborou en Heraldo de Galicia e traballou como columnista político-ideolóxico na prensa ourensá. Neste semanario e no boletín mensual Nós foi publicando os seus poemas.
En canto á súa actividade política, foi un activo militante da corrente conservadora do Partido Galeguista. Despois de que o PG acordara a neutralidade relixiosa, a dereita galeguista fixo público en Pontevedra o seu programa cun apartado específico sobre relixiosidade. A esta escisión uniuse o grupo de Ourense con Risco, Xosé Lois Parente e oito irmáns máis que asinarían un manifesto. Catro meses despois colaborarían na campaña do plebiscito estatutario cun sesgo tradicionalista e confesional.

Ver noticia original en El Correo Gallego



 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Noticias y Prensa
· Noticias de Admin


Noticia más leída sobre Noticias y Prensa:
Elecciones Municipales 2007 - Información de interés


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.26 Segundos