Pasa a ser o sábado 4 de Marzo
Jose Antonio Pose -un dos organizadores da liga de futbol sala de Maceda- coméntanos hoxe, que este sábado por motivo de ser carnaval non se disputarán os partidos nun principio marcados da xornada número 15. Asi os xogadores non teran disculpa para non se disfrazar. Será o sábado próximo día 4 de marzo cando se celebren nas horas fixadas. Lembrámosvos os horarios.
Calendario da decimo quinta xornada que se celebrará no Pavillón de Maceda, o próximo sábado 4 de marzo:
16:00 horas Eurot. J. Blanco - Asoc. Manzaneda de Limia
16:50 horas Agro Ribeira Sacra - Bar Bugallo
17:40 horas Asoc. O Cruceiro - Alquiservicios
18:30 horas Os Jabatos de Tioira - Differ Arras
19:20 horas Colinas F.S. - Embutidos Torroña
20:10 horas Esgos - Cafetería Ambigú