Este vindeiro venres 24 de Febreiro, coincidindo coa celebración do Entroido en Maceda Santiago Prol presenta no Castelo o seu novo libro
A presentación literaria terá lugar ás 20:00 na Torre de Homenaxe, no coñecido Salón Joao da Novoa, dentro do Hotel-Monumento Castelo de Maceda.
Este evento e a publicación da obra veñen apadrinadas polo Concello de Maceda e pola sección editorial do Grupo Academia Postal.
O novo libro de Santiago Prol leva o título de "Xosé Loís Parente, poeta e galeguista na II República".
Este é o terceiro libro deste historiador macedano preocupado por dar a coñecer e recoñecer a labor de distintos persoaxes, especialmente aqueles relacionados directamente con esta terra. Hai 3 anos que se celebrara o centenario do nacemento de Xose Lois Parente e tras "Alga e Fungo" do ano 1999 (Pontecesures-Gráficas Palermo) e "João da Nova : un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal do ano 2002 (Ourense-Deputación Ourense), tócalle agora a outro macedano merecer que os seus logros persoais e pola cultura queden destacados nun libro coma éste, froito de moitos anos de investigación, recuperación e exaltación das súas cualidades e obras.
Biografía de Xosé Loís Parente, por Santiago Prol
Autobiografía de Santiago Prol