Publicado en Galicia Hoxe el 18/11/05
Fernando Quiroga Palacios foi un dos grandes persoeiros da Igrexa galega no século XX. Permaneceu á fronte da arquidiocese compostelá durante 22 anos e, a pesar das súas simpatías polo réxime de Franco, conseguiu saír indemne do xuízo da historia.
Nado en Maceda o 21 de xaneiro do ano 1900, foi ordenado sacerdote en 1922 e, tras ser ecónomo e coadxutor en dúas parroquias ourensás, doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia que funcionaba en Santiago. Posteriormente, licenciouse en Roma en Sagradas Escrituras e máis tarde dedicouse á docencia no Seminario de Ourense.
No ano 1946 nomeárono bispo de Mondoñedo e tres anos máis tarde chegaría a ser arcebispo de Santiago de Compostela. O seu momento culme produciuse no ano 1966, cando o nomearon presidente da Conferencia Episcopal Española.
Ver noticia original en Galicia Hoxe