Xoán Babarro González en Internet
Enviado poradmin el 17/02/2006 21:08
Contribución de admin
Xoán Babarro é un dos notables de Maceda. Recollemos un pouco da semente que está deixando en Internet...
Imos simplemente facernos eco do que se está publicando por ahí sobre o noso veciño por si a alguén lle foran de interese estes recursos...
Unha das webs que máis crece é a Galipedia, que se forma a partir da aportación de coñecementos que fan os Internautas... Nesta web, filla da WikiPedia pero en versión Galego atopamos o seguinte sobre este persoaxe:
Xoán Babarro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xoán Babarro González (nado en Maceda 1947). Escritor e lingüísta galego. Traballou pola introdución do galego na escola e pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias.
Obra
- Teatro todo o ano, 1978 (teatro infantil)
- Primeiro libro con Malola, 1987 (narrativa infantil)
- O dragón de Gondomil, 1989 (narrativa infantil)
- Crónicas dos catro viaxeiros, 1989 (narrativa infantil)
- Kukamoto Canchés, o meu robot xaponés, 1991 (narrativa infantil)
- Contos de trabecín e trabezón, 1993 (narrativa infantil)
- A aldea das catro primaveras, 1993 (narrativa infantil)
- O día que se acatarrou a cheminea das Pontes, 1993 (narrativa infantil)
- A princesa do cabaliño café, 1994 (narrativa infantil)
- Catasol. Vocabulario e folclore da Terra Navia-Eo, 2002
- Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística, 2003 (dous volumes, ensaio)
Traballo en progreso: Este artigo é, por agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Podemos atopar esta información picando directamente nesta ligazón.
No Portal da Literatura Galega, dependente do Consello da Cultura Galega podemos atopar unha referencia a algunhas das súas obras e de noticias relacionadas, que no momento de elaborar esta páxina contén a seguinte información:
Xoan Babarro González
ESCRITOR/A Calvelo de Maceda (Ourense) 1947 . Máis información: |
FICHA DO LIBRO
|
Título do libro. CHALCHIHUITES
Ano de Publicación. 2004
Autor. Xoan Babarro González
Ilustración. José Antonio Cruz Lago
Xénero. Infantil-Xuvenil
Editorial. Tambre-Grupo-Editorial Luis Vives
Coleccion.
Número de pax. 88
ISBN. 84-263-5163-8 |
|
|
Chalchihuites
Dous fistores xúntanse para comer xuntos. Estre os dous, dende culturas e linguas distintas, conseguen pillar a maxia dos ventos que levan e traen historias dunha a outra parte do mundo. No castelán que se fala ó outro lado do océano, e no galego que falamos destoutra banda, medran deliciosos estes chalchiuites de ida e de volta. [Presentación editorial] |
FICHA DO LIBRO
|
Título do libro. DESEñADORA DE HORA EN HORA
Ano de Publicación. 2004
Autor. Xoan Babarro González
Ilustración. Pablo Otero 'Peixe'
Xénero. Infantil-Xuvenil
Editorial. Tambre-Grupo-Editorial Luis Vives
Coleccion.
Número de pax. 56
ISBN. 84-263-5183-2 |
|
|
Deseñadora de hora en hora
A cadeliña de frades ten unha vocación: quere ser deseñadora. Unha pregunta: ¿a quen lle vai facer vestidos? Ós animais do bosque, ás flores, ás árbores... Iso pensa ela. Pero non vai ser tan doado, miña amiga non. En realidade, ninguén quere ter nada que ver coa cadeliña de frades. ¿Será que lle teñen medo? [Presentación editorial] |
FICHA DO LIBRO
|
Título do libro. GALEGO DE ASTURIAS
Ano de Publicación. 2003
Autor. Xoan Babarro González
Xénero. Ensaio e Investigación
Editorial. Fundación Pedro Barrié de La Maza
Coleccion.
Número de pax. 2 vols.
ISBN. 84-95892-14-6 |
|
|
Galego de Asturias
Este libro foi presentado como tese de doutoramento en 1994 na Universidade de Santiago de Compostela. A versión agora publicada arrequentouse con referencias bibliográficas, así como con novos datos, textos literarios e outros aspectos de interese. A obra aborda por primeira vez o estudio dun xeito global de tódalas falas nadas na chamada Terra Navia?Eo. Delimítase primeiramente a fronteira entre o galego e o asturiano para establecer máis tarde, despois da descrición de diferentes fenómenos lingüísticos, distintas áreas dialectais en relación co galego común. O feito de ser esta unha zona xeográfica situada fóra dos límites da comunidade autónoma de Galicia ten condicionado o proceso de normalización da lingua no medio escolar, nos cultos, na administración, etc. Tales aspectos desenvólvense no capítulo reservado á situación sociolingüística. Os textos de carácter etnográfico e literario escolmados no segundo volume constitúen un bo complemento para coñecermos en toda a súa dimensión a cultura occidental do Principado. [presentación editorial] |
Entre as noticias relacionadas co autor, atopamos as seguintes:
O Camaleón que se le
|
| |
Con seis libros en galego de escritores e ilustradores autóctonos presentouse en Santiago o selo editorial Planeta & Oxford dirixido ao lector infantil. Na colección Camaleón dirixida a rapaces de entre seis e doce anos a través das series amarela, laranxa ou verde, aparecen obras de Juan Farias, Xoán Babarro, Fina Casalderrey, Ana María Fernández e Xosé Antón Neira Cruz por partida dobre. Entre os ilustradores a colección conta con Ánxeles Ferrer, Jacobo Fernández, Kiko da Silva e Xan López Domínguez entre outros. O selo creado da unión entre Oxford University Press e o Grupo Planeta editará a estes autores en galego e tamén en catalán e castelán, e está prevista tamén a publicación en éuscaro. Segundo as representantes do selo este nace coa vocación de chegar a todas as aulas do país preparados de acordo cun plan de lectura para o que inclúen materiais adicionais cos que traballar nas clases.
Máis información en Galicia Hoxe
|
Galicia Planeta xuvenil
|
| |
Xosé Neira Cruz, Fina Casalderrey, Xoán Babarro, Juan Farias, e Ana María Fernández son os autores cos que a editorial planeta entrará no mercado da literatura infantil e xuvenil en galego o vindeiro mes de abril. O lanzamento consistirá en seis obras do selo Planeta&Oxford no noso idioma que irán destinadas aos lectores de entre seis e dez anos. As obras que prevé editar esta empresa en galego serán unha mestura de títulos orixinais e de traducións de obras xa publicadas. Tamén se confirma a saída en galego para este mesmo mes da novela “Anxos e Demos” de Dan Brown por conta de El Aleph Editores. Esta firma xa entrara no noso mercado coa edición de “O código Da Vinci” deste mesmo autor.
Máis información sobre o selo Planeta&Oxford no web da editora; sobre El Aleph en Lg3
|
| |
Data de publicación: 2005-03-08 |
Un anel... e moitos libros
|
| |
"O Señor dos Aneis". "As mil e unha noites".Unha colección de cento vinte clásicos da literatura galega por un euro cada un. E moitos títulos novos. O outono vén cargado de novidades editoriais entre as que se inclúen títulos básicos por fin traducidos á nosa lingua.
|
| |
Data de publicación: 2001-11-13
Clásicos no noso idioma
Unha das noticias máis destacadas do mundo editorial este outono é sen dúbida a publicación en galego dun dos libros máis vendidos en todo o mundo, "O Señor dos Aneis" de J.R.R. Tolkien. Coincidindo coa vindeira estrea do filme correspondente, Xerais edita o primeiro volume dos tres que compoñen esta obra. O libro está raducido por Moisés R. Barcia, que tamém se encargou da traducción de "O hobbit" e está incluido na colección "Fóra de Xogo". Outro clásico que chega ó noso idioma son os "Contos das 1001 noites", nunha edición que tamén no strae Xerais. Esta obra, como é habitual na maior parte das edicións, non está completa, senón que é unha selección realizada por Juan Tebar e traducida por Carmen Torres. Etnre as historias que se poderán ler agora no noso idioma están algunhas tan coñecidas como a de "Aladino" o ou "Alí Babá e os 40 ladróns" entre outras.
Letra pequena
Pero as novidades non rematan aí. Seguindo con os traballos para os máis novos, desde Xerais completa a súa oferta con dous novos títulos da serie "O cabalo buligán", relatos adaptados da tradición oral e recollidas por Xosé Miranda e Carlos Reigosa. Tamén vén de saír á rúa "A merla de trapo", libro de antón cortizas que gañou a última edición do premio Merlín. "Un tren cargado de misterios", de Agustín Fernández Paz, "A rebelión dos coellos máxicos" de Ariel Dorfman e "Ith" de Silvestre Gómez Xurxo completan as novidades da editorial viguesa para os máis pequenos. Neste eido, as outras editoriais no fican atrás e así Kalandraka ofrécenos novos títulos en varias da súas coleccións. "Moncho e a mancha", un conto ilustrado e escrito por Kiko da Silva sobre a relación dos nenos coa arte abstracta preséntase onda "Aquel neno e aquel vello", de velino Hernández dentro da colección "Demademora". Xa noutas coleccións temos o clásico de Janosch "Imos buscar un tesouro" e "Voar de noite" de Randall Jarrell. Desde Sotelo Blanco chégannos "María triángulo", de Ana Pontón e Lino Braxe, "Eu, coma sempre", de Cándido Casal" e "Ciclo Bis" de David Durán, e na colección "Árbore" de Galaxia preséntase "Ten, ten, a miña casa ten..." de Xoan Babarro. Pola súa banda, Ir Indo presenta unha novas versión de "A ratiña presumida" escrita por Francisco Castro e ilustrada por Miriam Klug. Onda este libro, chegan outros coma "A estrela Volarina na torre" de Ana Alfaya, "A goma de borrar que falaba" de Carmen Carballo ou "Os ladróns de tixolas", de Xosé Antonio Perozo.
Un libro, un euro
Segundo anuncia hoxe "La Voz de Galicia", o xornal iniciará en xaneiro do 2002 unha oferta que consiste en presentar dous clásicos da literatura galega casa semana a un prezo dun euro cada un. Esta iniciativa, que xorde dun convenio asinado polo Grupo Voz coas principais editoriais galega, acadará os 120 títulos, número que coincide cos anos de existencia do xornal. A oferta iniciarase coa posta á venda de "Follas novas" e do primeiro volume de "Sempre en Galiza" o seis de xaneiro próximo, e continuará a razón dun volume cada martes e outro cada xoves, ademais de entregas especiais coincidindo con datas coma o Días das Letra Galegas ou o Día da Patria. A colección estará composta por trinta e seis novelas, vintecinco libros de relatos, sete obras para o público infantil ou xuvenil, trinta e cinco libros de poesía, oito de teatro, cinco de ensaio, dous de etnografía e un de viaxes. A relación completa de autores e de obras aínda non se fixo pública, aínda que a editorial promete "gran presencia de autores vivos da man de todos os nosos clásicos históricos".
|
Podes consultar a información orixinal na web premendo aquí.
Atopamos tamén información no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Consellería de Educación e Organización Universitaria, con referencias ás súas obras, resumos ou extractos e comentarios por parte de investigadores e docentes respecto dos contidos, análises e exames das obras.
Podemos consultar directamente a lista de obras mediante a seguinte ligazón: http://corpus.cirp.es/oap/informes/DetalleAutor.php?bd=db2004&idautor=518
A modo de exemplo poñemos a ficha de Sempre Hausa:
Colección: árbore/galaxia Nº colección:123 |
Serie: serie Azul (A partir de: 10 anos) |
| Editoriais |
Galaxia ISBN: 84-8288-688-6, Lugar de edición: Vigo, Data: -2004
|
Descritor:
|
| Nárrase neste relato de Xoán Babarro (Calvelo de Maceda, Ourense, 1947) a historia en primeira persoa de Abdulahi, un rapaz africano que pertence ao pobo dos Hausa. A vida familiar rómpese cando o irmán maior de Abdulahi emigra para encontrar traballo e tras moito tempo a familia non recibe novas do seu paradoiro, feito que os leva a pensar que, como tantos outros da aldea que marcharon, morreu. As difíciles condicións de vida fan que Abdulahi se vexa na obriga de marchar da casa e a partir de entón, enganado polos tratantes de nenos, coñecerá a explotación infantil nun oasis no medio do deserto de Al-Kebir no que se fabrican alfombras e no que os cartos aforrados nunca chegan ao seu destino. O único refuxio para esquecer o sufrimento son os partidos de fútbol. Grazas á axuda duns caravaneiros, Abdulahi consegue fuxir daquel lugar e decidido a atopar o seu irmán emprende un novo camiño que o levará a aceptar diversos traballos para aforrar cartos que lle permitan chegar a Europa. Mais un día crúzase cuns participantes do rally París-Dakar e tras axudarlles a gañar a carreira vese recompensado coa aparición da súa fotografía nos xornais de todo o mundo, o que serve para que a súa familia saiba que está ben. En agradecemento, os pilotos lévano a Francia onde Abdulahi contacta coa ONG 'Ilegais sen fronteiras' para denunciar a explotación do oasis. Os estudos, o amor e o fútbol fan que o rapaz comece unha nova vida na que chega a se converter en figura do fútbol e contacta co seu irmán. Finalmente, viaxará á súa terra para se despedir do seu avó enfermo e retomará o contacto coas súas raíces e o seu pobo. As ilustracións de Cruz Lago amosan corpos estilizados e cabezas desproporcionadas nas que destacan os ollos, o nariz e os labios como trazos da raza dos protagonistas. Están realizadas a lapis a través de figuras recortadas e dispostas sobre unha composición de diferentes planos grises e brancos sobre un ceo vermello. |
Recensións:
|
Silvia Gaspar |
Sempre Hausa Fadamorgana 10 Sección: Novidades de 12 a 14 anos Páxinas: 72 2004
Ponse de relevo a tendencia nas producións galegas da literatura de compromiso cara á 'solidariedade cos pobos e colectivos que o sistema social desfavorece' para encadrar Sempre Hausa, de Xoán Babarro, nesta corrente. Faise un resumo argumental e sinálase a inclusión de rimas e breves textos líricos, característico da escrita do autor, e que as lembranzas do continente africano no que perdura a cultura natural serve como 'colorido telón de fondo' a esta historia amarga. Finalízase, resaltando varios aspectos negativos: a mala asignación da idade do destinatario por parte da editorial, a caída da tensión narrativa por mor do mantemento do estilo indirecto e o factor de estrañamento que arreda da historia ao lectorado por mor do uso do imperfecto.
|
Paula Fernández |
Sempre Hausa Faro de Vigo Suplemento: Faro da Cultura 82 Sección: Infantil/Xuvenil Páxinas: VII 6 Maio 2004
Considera que a publicación de Sempre Hausa, de Xoán Babarro debe encadrarse na liña da reflexión sobre o que se ten denominado a aldea global e no agromar de sentimentos xenófobos nalgúns sectores da sociedade. Sinala que se trata dunha historia cargada de solidariedade, representada na figura dun rapaz que é obrigado a abandonar a súa aldea en África rompendo a súa evolución lóxica como adolescente e coñecendo as redes de explotación infantil. Cualifica de impactante para o lectorado o percorrido retrospectivo que fai o protagonista sobre esta etapa da súa vida e valora o tratamento de temas relacionados coa inmigración, feito que converte o texto nunha boa axuda para o profesorado á hora de organizar conversas arredor das condutas racistas e promover actitudes solidarias coas persoas e as culturas. |
Unha das obras deste autor aparece recomendada pola Xunta de Galicia nunha guía de 2004 como unha obra recomendada por o seu contido NON DISCRIMINATORIO e constructivo na educación dos nenos e xóvenes, en concreto "Eu voguei por Mar de Chocolate". Os comentarios nesta guía sobre a obra e o autor quedan reflexados tamén nas nosas páxinas:
Despois de terse presentado ante o lectorado, Nicolás refírese ao novo integrante da súa familia, Rónald, un rapaz de Colombia que presume da cor escura da súa pel por terse bañado nas augas dun mar que non aparece nos mapas, o Mar de Chocolate. A Rónald acollérono en adopción os tíos de Nicolás, ante a imposibilidade de ser atendido polos seus proxenitores, que se dedican a viaxar nun barco deixando soños naqueles portos con praias que desprenden o recendo de almorzo de cacao con galletas. Grazas ao desexo que formula cando lle cae un dos seus dentes, Nicolás consegue embarcar nun navío que o conduce ás augas dese mar que tanto ansía coñecer e nesa travesía vai ser agasallado polas historias que lle relatan as persoas guiadoras da embarcación, que non son outras que a nai e o pai de Rónald. Así, tanto o capitán coma a capitá, que non só comparten o oficio de contadores senón tamén de condutores de navío, un traballo non adxudicado tradicionalmente á muller, contan un conxunto de relatos protagonizados por elementos naturais e marítimos: o ventiño pintor, o sol, o fume, a estreliña de mar ou o polbo fantasma. A súa nai espértao pola mañá e, de novo, atópase no seu mundo diario, aínda que segue tendo o colgante co seu dente, que non é máis ca unha proba manifesta de que estivera cos pais de Rónald e que conseguira bañarse nese Mar de Chocolate.As ilustracións, en plastilina e sobre fondos de formas e cores suaves e veladas, axudan moito a situarse nas historias e mostrar os personaxes.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS • A acollida de persoas doutras culturas. • O mundo onírico na literatura infantil e xuvenil. Reaccións dos nenos e as nenas. • A narrativa de transmisión oral. Características e temáticas.
1. Enumerar algúns dos desexos que se adoitan realizar cando caen os dentes e os que se converten en realidade. 2. Buscar información sobre a cultura colombiana para identificar semellanzas e diferenzas coa nosa. 3. Facer listaxes de traballos que hoxe realiza a muller e que antes non lle deixaban facer, e debater sobre estes cambios.
O ESCRITOR
Xoán Babarro (Calvelo de Maceda-Ourense, 1947) estudou Maxisterio en Ourense e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras. Dende 1982 é Catedrático de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galegas e compaxina a docencia coa escrita. O Premio de contos “O Facho” en 1974 por Zoca Zoqueira e as colaboracións na revista Vagalume en 1975 marcaron a súa entrada na literatura infantil e xuvenil, feitos aos que se uniu o seu matrimonio con Ana Mª Fernández (Palma de Mallorca, 1949), con quen asina textos que obtiveron varios recoñecementos: Premio “O Facho” de teatro de 1983 por Grande invento para saír do aburrimento (1987); Premio O Barco de Vapor no ano 1985 con Primeiro libro con Malola (1985) e no ano 1989 con Barriga verde e o dragón Achís (1989), etc.
Entre os seus títulos en solitario cóntanse: O dragón de Gondomil (1986); Crónica dos catro viaxeiros (1989); Kumamoto Canchés, o meu robot xaponés (1991); A aldea das catro primaveras (1993); Contos do trabecín trabezón (1993); O día en que se acatarrou a cheminea das Pontes (1993); A princesa do cabaliño café (1994); Cuco, cuquelo, ¿que tes no fardelo? (1998); Nena de flan (2000); Carpametacarpadeduna (2001); Os feitizos de Medea (2001); O reino de Dama Duira (2001); Ten, ten, a miña casa ten... (2001) e Tres contos do máxico tres (2002).
Nun estudio sobre a distribución das línguas faise referencia a un mapa realizado polo noso paisano en 1992:
Hay una Mesa prá defensa del galego de Asturias e da cultura da comarca (MDGA), que publica desde 1992 la revista A Freita, reivindicativa de lo gallego en Asturias. Freita (del latín FRACTA, 'rota') que ya desde su título evidencia una ruptura de intereses y voluntades sobre este pedazo extremo de la Comunidad. En el número 0 de la revista (marzo de 1992) el orensano Xoán Babarro González, buen conocedor y estudioso de la zona, escribe sobre la frontera entre el gallego (de Asturias) y el asturiano (occidental), y exhibe un correspondiente mapa, que se reproduce además en portada (y yo lo traslado a mi Apéndice: Mapa 17). En dicho mapa, Babarro (1992:12) sitúa la frontera al este de(l) Navia (la población y el río). Y yo sigo insistiendo en que no es cuestión filológica fácilmente objetivable la del límite entre espacios romances como el aragonés y el catalán, como el asturiano y el gallego. Incontestablemente gallega es el habla de concejos rayanos con Galicia (como Taramundi, v. el nÜ 71 del Mapa 16), pero no me atrevería a pronunciarme tan taxativamente sobre la zona de tránsito al este del Navia.

Pódese ve-lo texto completo da tése no enderezo da Universidade de Barcelona que se cita máis abaixo...
Outros sitios que poden conter información sobre este autor son:
AmigosDeLibro.com Biblioteca Virtual Galega CEIP Palmeira CRTVG Edicións Ourizo Azul Edicións Xerais EnMaceda Universidad de Barcelona - Filología Hispánica - Tésis
|
|
| |
 |
Login |
 |
|
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.
|
|
|
 |
 |
Votos del Artículo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|