Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Pro-Autovia A-76
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

080828_C.E.Villa_Paderne_18.JPG
080828_C.E.Vill ...

080124_Jueves_de_Compadres_22.JPG
080124_Jueves_d ...

061028_I_Fiesta_Matanza_16.JPG
061028_I_Fiesta ...

080321_Caladiños_09.JPG
080321_Caladiño ...


Photo Gallery


 
Noticias y Prensa Entrevista a Bieito Seara, director xeral de Acción Social
Enviado poradmin el 06/01/2006 15:00
Contribución de admin

Publicado en La Región el 6/1/06

Deixou a política de Maceda para embarcarse no proxecto de reestructurar a xestión dos servizos sociais abogando pola súa dimensión pública. Bieito Seara evoca as súas raíces ourensáns para tentar reconducir un proxecto histórico como o de Benposta e para impulsar medidas que contribúan a fixar poboación no rural.

¿Con qué perspectivas encaran este recén estreado 2006?
Desde a vicepresidencia fixemos unha integración de todos os servizos sociais que estaban en distintas consellerías, cambiando algúns programas e reconducindo os que non creíamos convenientes. A dirección xeral de Acción Social ten ao seu cargo un eido moi amplo, que abarca maiores, discapacidade, inclusión social, concertos coas corporacións locais e menores. Ata agora estivemos traballando co anterior e preparando os orzamentos para o 2006, duns 200 millóns de euros.

¿Son os orzamentos que desexaban, que esixía o departamento?
O aspecto económico sempre pode ser mellorado, pero de todas formas contamos con ter un incremento ao longo do exercicio coa incorporación de máis orzamentos pola vía dos recursos europeos e dos programas ministeriais, como o anteproxecto da Lei de Dependencia presentado recentemente.

¿En que iniciativas están a traballar?
Temos xa unha medida en cada un dos campos que integran a dirección xeral, e estáse a dar un pulo importante á vocación de evitar a privatización de prazas nas residencias de maiores, en contra da liña que estaba a facer até o momento que avogaba polos concertos con entidades privadas con finalidade lucrativa. O que sucede é que existe unha demanda importante, cunha lista de espera de 3.000 persoas, polo que temos que manter o que existe pero reconducir os modos de xestión, abrindo novos camiños. Hai o compromiso de crear prazas propias, co compromiso de entidades de aforro e o control da Administración. A primeira iniciativa inclúe a construcción de cinco residencias, dunhas 150 prazas, para persoas maiores asistidas. Máis que unha xestión pública, é unha xestión controlada e dirixida desde a Administración.

Incidiron moito na necesidade de abogar polos centros de día.
Estamos facendo un plan de equipamentos para establecer unha rede de centros de día, un sistema polo que queremos apostar porque serve para manter á xente no seu entorno e con tribúe tamén a fixar poboación no rural. Ademáis, axudan tamén a revitalizar á persoa maior retrasando a súa situación de dependencia total e de ingreso na residencia, gracias a programas de axuda no fogar como os de "comida sobre rodas" ou lavandería. Actualmente estamos elaborando o mapa para ver onde imos ubicar eses centros, xa que hai numerosas peticións e deben ser priorizadas. O concepto polo que abogamos supón tamén dinamizar a todas as persoas dependentes do entorno, con carácter de centro social.

¿Vanse reprogramar os convenios coas residencias existentes?
Non estamos en condicións de renunciar ás prazas existentes, pero si que imos facer fincapé na esixencia de ratios de calidade e no control das residencias pola vía da inspección. É necesario reconducir os recur sos, que cremos que antes estaban mal xestionados, e utilizaremos os servizos de inspección (que foron reestructurados) para esixir os índices básicos de calidade.

Neste proceso de integración, presentaron unha proposta para ampliar o polémico centro de Valverde (Allariz) e engadir un centro de maiores.
No desenvolvemento deste proxecto, a través dunha finca cedida pola Deputación á Xunta, non se deron as formas nen as condicións para que houbera un consenso, de aí xurdiu a polé mica. Era unha iniciativa que viña rebotada de Lobios, que se levou contra vento e marea e na que non se foi moi afortunado na súa exposición. Estivo paralizado pero xa se levantou o precinto e o que se impulsou foi unha reprogramación, ampliando as actividades. Antes estaba adicado só a menores con medidas xudiciais e agora se abriu máis ao seu entorno, con talleres de xardinería, centro social Todos os socios aprobaron a reprogramación e houbo consenso para ampliar as actuacións polo que, con esta perspectiva, a nosa idea é intentar acelera-lo para que se cumpra neste ano, pois revitalizaría non só a Allariz senón tamén á comarca.

No eido de menores, o “caso Benposta" continúa xenerando unha situación de incertidume en Ourense.
A experiencia de Benposta, que cumpre agora 50 anos e que está moi personalizada na persoa do padre Silva, ten tras de si un recoñecido prestixio a nivel internacional. Arredor dela produxéronse moi diversas circunstancias, e a Administración anterior fixo en torno a Benposta unha utilización excesiva dun proxecto como era o Milenium, de traslado do campo de fútbol, que enturbiou a situación que había alí. Desde Acción Social, consideramos que habería que saber aproveitar e racionalizar o capital histórico que supón a institución Benposta, pero separando calquera proxecto do tema de menores. O modelo de Benposta non pode ser amparado na normativa actual, xa que as figuras para acoller a un menor son as de acollemento ou centro de menores, e non se cumpren as circunstancias para eso. É necesario reconducir ese capital e aproveitar esa experiencia de anos, pero dun xeito alleo á cuestión de menores. Nese sentido, mantivemos conversas e estamos dispostos a traballar nelo se hai a interlocución necesaria por parte dos responsábeis.

¿Que perspectivas ven para desenvolver esta iniciativa, tendo en conta a situación actual con acusacións de venta dos terreos?
Hai informacións confusas sobre o tema e eso dificulta a situación, pois é certo que Benposta non está pasando por un bo momento. Sempre apoiamos o que leva detrás o proxecto, e sería necesario recoller a experiencia alí desenvolvida e desagraviar en certo modo a mala imaxe dos últimos meses. Estamos intentando convencer ao padre Silva de que se reconduza o proxecto, aproveitando ese capital importante e reprogramándoo como un centro de xuventude, para que todo o que significa Benposta se reconvirta en algo positivo. Pero temos que ser cautelosos e, sobre todo, teñen que primar os dereitos do menor por enriba de calquera outra cuestión.

¿Que agarda a administración autonómica do anteproxecto de Lei de Dependencia?
O feito de que se poña en marcha é xa un revulsivo importante, que vai xenerar debate e reclamar recursos para leva-lo a cabo. Estamos moi esperanzados e é moi importante para Galiza, xa que os índices de persoas dependentes na nosa comunidade se sitúan no 21%, cando a media no Estado español ronda no 17%.

Ver noticia original en La Región



 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Noticias y Prensa
· Noticias de admin


Noticia más leída sobre Noticias y Prensa:
Elecciones Municipales 2007 - Información de interés


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.31 Segundos