Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Pro-Autovia A-76
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

070107_Exposición_Cabaceiros_01.JPG
070107_Exposici ...

080524_Certamen_Corales_24.JPG
080524_Certamen ...

071026_Zorza_Matanza_01.JPG
071026_Zorza_Ma ...

080811_Fiestas_Lunes_28.jpg
080811_Fiestas_ ...


Photo Gallery


 
Gentes y Personajes Paco Nóvoa, Altruismo e Profesionalidades
Enviado poradmin el 25/01/2006 21:05
Contribución de admin

Publicado en La Voz de Galicia el 25/1/06

Biografía desarrollada por Santiago Prol sobre uno de los notables macedanos de la actualidad.



A primeira vez que compartín unha longa conversa con Francisco Nóvoa (Paco para case todos) foi dous días antes da presentación no Pazo Provincial da biografía João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal (Dep. Ourense, 2002). Logo estivo presente no acto no que lle achegamos aos xornalistas a biografía dun galego universal, o máis relevante do século XVI. Ao remate camiñamos até a rúa do Paseo. Eu quería mercarlle nunha das casetas da Feira do Libro as Conversas con Francisco Carballo (ANT, 2002). Tomamos un café e departimos outras dúas horas. O tema central foi Maceda, unha teima que nos ten obsesionados aos dous.

Dende o meu exilio compostelán sabía que Paco Nóvoa contribuía de xeito altruísta en infinidade de causas, tanto na capital como en Maceda. Ao pouco de acceder o nacionalista Bieito Seara á alcaldía en 1995, a xenerosidade económica de Paco foi capital para artellar as Primeiras Noites Folk do Castelo que nos quedaron gravuradas na memoria. Actuaran Chouteira, Vai de Roda e Berrogüetto. Ao ano seguinte Luar da Lubre, Durindaina e os escoceses Shooglenifty. A derradeira fora no 97 con Bate Certo, os Cempés e João Afonso (o sobriño do entrañábel Zeca). Os que tiñan que darlle continuidade non souberon nin quixeron. Unha mágoa, xa que logo Maceda estaba ben inserida nos circuítos Folk do País. O marco era inmellorábel e Paco puxera moita enerxía naquel proxecto que coordinaran Xulio Conde e Xavier Rubín.

Tamén actuou como mecenas no mundo do deporte. Antano co fútbol sala e hogano co atletismo. O club Ourense Academia Postal que preside Paco Nóvoa semella un proxecto moi ambicioso. Estando el detrás sabemos que a ilusión por facelo máis grande estará sempre presente. Tamén axuda ao Club Ciclista Maceda.

Paco, que naceu no seo dunha familia modesta en Francos (Maceda) en 1944, é unha persoa feita así mesma. Ninguén lle regalou nada. Comezou moi novo como empregado nun comercio da nosa vila. Sacrificou moito tempo dedicado á súa formación para chegar onde está hoxe. Ingresou en 1966 como funcionario de Correos. En 1968 artellou en Ourense un centro que preparaba oposicións para Correos. Logo estendeuse a outras administracións. Na presentación da web www.academiapostal.es podemos ler: «Froito do que consideramos unha boa xestión e co aval dos bos resultados obtidos ao longo dos anos, iniciamos a expansión: novos centros en Galiza (Vigo, Santiago, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ferrol) e fóra da comunidade (Oporto, Valladolid). Ás oposicións fómoslle sumando informática, apoio ao estudo, novas tecnoloxías, idiomas, formación ocupacional, continua a empresas e administracións e ciclos formativos profesionais». O rigor, a seriedade e a calidade do ensino fai que esta rede de centros se conforme como un referente en toda a Península.

Conta tamén cun selo editorial propio (Servipost). As cifras cantan: 83 volumes; 14 en galego coa normativa vixente, incluídos os das novas tecnoloxías (12 máis que axiña se presentarán) e más de 15.000 alumnos que hoxe traballan na Administración. Ademais está inserido no Servizo Galego de Colocación e funciona como centro de formación ocupacional para desempregados, tendo homologadas varias especialidades por parte da Xunta de Galicia. Conta con formación "on line" e coa Universidade Popular Galega, onde o discente pode recibir docencia particular no fogar. No 2008 cumprirá corenta anos este ambicioso proxecto de formación multidisciplinar que dá emprego a moitas familias (175 profesores e 100 colaboradores).

En 1993, Francisco Nóvoa foi nomeado xefe provincial de Correos. Estivo doce anos ao fronte da entidade cunha brillante xestión. O 29 de setembro de 2005 -co edificio central da capital integramente renovado- foille concedida a excedencia. En decembro de 2003 xa nos insinuara a Bieito Seara (actual director xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Xunta) e a min, que tiña en mente deixar o cargo público para centrarse a tempo completo a Academia Postal.

Maceda débelle moito ao filántropo Paco Nóvoa. Institucionalmente o Concello tivo un xesto con el cando o nomearon pregoeiro da Festa Medieval no 2003. Non abonda. Vai sendo hora de recoñecerlle os servizos prestados con outros xestos. Paco amósase como unha persoa con gran proxección social. Conta cunha entrada no Diccionario Galego Universal. Participa en tertulias en radio e televisión. Ten apelido de avoengo e é unha persoa hiperactiva e hipereficaz facendo sempre gala de altruísmo, profesionalidade e mecenado.

Beizón amigo e grazas por ter a Maceda sempre nas túas arelas.

Ver noticia original en La Voz de Galicia



 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Gentes y Personajes
· Noticias de admin


Noticia más leída sobre Gentes y Personajes:
Boda en la familia de los Quintas-Lorenzo


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 2
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.28 Segundos