Os felos deixaránse ver polas rúas
Dende este próximo domingo, que é o domingo "fareleiro" non será de estrañar atopar os felos polas rúas de Maceda, coas súas chocas e transmitindo a ledicia do que acontecerá nos vindeiros fins de semana.
Ainda que non hai a tradición como en outros concellos de Ourense de tirarse fariña no caso do fareleiro, ou lanzalas olas de barro no domingo oleiro. En Maceda, os domingos previos o entroido os felos fan o seu paseo polas rúas para lembrarnos que o entroido está a chegar.
Lembrade:
Domingo 5 de febreiro "FARELEIRO",
Domingo 12 de febreiro "OLEIRO",
Domingo 19 de febreiro "CORREDOIRO" e
Domingo 26 de febreiro "ENTROIDO"