O AGRO RIBEIRA SACRA é o novo lider.
Tras a disputa da oitava xornada de futbol sala o máis destacado é sen ningunha dúbida o cambio de lider.
O AGRO RIBEIRA SACRA impúxose con moita facilidade á Asoc. Manzaneda de Limia nun partido no que non pasou apuros; así, ó remate do partido podíase ver isto reflectado no marcador: 8-0.
O ata a anterior xornada lider, o Torroña, non foi quen de aguantar a presión de estar arriba, e perdeu de maneira estrepitosa o seu partido contra o Bar Bugallo. O partido estivo en todo momento controlado polo equipo de Molgas e tras acadar o 5-0 relaxáronse un pouco, podendo o Torroña arreglar un pouco ó abultado marcador, rematando o partido 5-2.
Outro dos equipos de arriba, o Arrás, tamen conseguiu vencer no seu encontro frente a Asociación O Cruceiro.
A falta de 3 xornadas para o remate da primeira volta pódese apreciar o apretado da tabla na zona de arriba, xa que atopamos 5 equipos cunha diferencia de menos de 4 puntos.
A próxima xornada: 9ª XORNADA
15:00 Esgos - Asoc. O Cruceiro
15:50 Cafetería Ambigú - Asoc. Manzaneda de limia
16:40 Bar Bugallo - Alquiservicios
19:30 Differ - Torroña
20:20 Os jabatos de tioira - Eurot. J. Blanco
21:10 Agro Ribeira Sacra - Colinas F.S.