Nesta edicción participan doce equipos dos Concellos de Maceda e da Comarca
Este sábado deron comezo os partidos da Liga de Futbol Sala de Maceda que iste ano conta xa con doce equipos en competición. Tralo seu comezo fai dous anos a competición foi medrando ano tras ano. Eso fai que a organización siga a traballar para acadar os obxectivos marcados dende un principio, de dotar a esta liga dun carácter comarcal integrando os diferentes concellos da comarca e promocionar o deporte entre os diferentes concellos.
Na actualidade xa son varios os concellos que manifestaron o seu apio a esta iniciativa, como son os de: Castro Caldelas, Esgos, Baños de Molgas, Xunqueira de Espadañedo e Maceda) pois contan con algún equipo do seu concelo a competir polo título de liga.
Será o próximo venres día 4 de novembro, no restaurante a Dilixencia de Maceda as 22:30 horas cando se celebre a cea de comezo da liga. Estará dirixida a tódolos equipos participantes e a toda a xente que colaborou nesta iniciativa.