A liga de fútbol sala de Maceda 2005 arrancará este sábado 22 ás 14:30 no Pavillón Municipal de Maceda. De momento o número definitivo de equipos está por determinar xa que o prazo para apuntarse remata o xoves 20 pola noite.
A liga de fútbol sala de Maceda comezará este sábado despois de ter que ser aprazada debido a que non todos os equipos puideron pagar a inscrición a tempo. O número de equipos todavía está por determinar, pero espéranse que sexan 12 os que finalemente xoguen o torneo.
O vixente campeón, o Agro Ribeira Sacra, agora coñecidos como os "canarios", intentarán presevar o título de liga que gañaron así como o título de copa que consegurion fronte os Arrás.
Este ano incorpóranse, en principio, equipos como os de Molgas e seguen a participar A Asociación manzaneda de Limia A e B, o Agro Ribeira Sacra, os Arrás, os Braña S.C.L., os de Esgos, os Jabatos de Tioira, o J. Blanco, os Do Corgo e os de Cafetería Polar. Espéranse cambios nos nomes dos equipos que aínda están por confirmar.
Debido á liga autonómica, algúns partidos serán xogados no Pavillón de Molgas. Os horarios e o calanedario aínda non están finalizados, polo que se irá informando ós poucos das novedades. Para informarse dos resultados, da clasificación e dos próximos encontros, podedes acudir á páxina web www.mundourense.com, no apartado deportes, liga maceda.
Animádevos a vir ver os partidos, hai un ambiente excelente e é unha maneira de pasar as tardes dos sábados entre amigos e de maneria divertida.
Ata pronto