Anxo Manuel Quintana González, ex-alcalde Allariz, candidato á presidencia da Xunta polo BNG nas últimas eleccións autonómicas e actual Vicepresidente da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia visitará Maceda este sábado 1 de Outubro.
Según publica a web oficial do BNG de Maceda, o Sábado día 1 de Outubro teremos a Anxo Quintana en Maceda para manter unha conversa cos veciños e veciñas, sobre o novo futuro que se presenta dado o cambio político que sufriu Galicia no último mes.
Aproveitando o recente nomeamento de Bieito Seara como Director Xeral de Acción Social na Secretaría Xeral de Benestar Social, ofreceráse-lle ós asistentes ó acto unha charla sobre o futuro de Galicia e no que toque máis directamente á Maceda.
Na charla intervirán:
- Anxo Quintana (Vicepresidente de Igualdade e do Benestar)
- Bieito Seara (Director Xeral de Acción Social)
- Xabier Oviedo (Concelleiro e Portavoz do BNG de Maceda)
Máis información en: BNG de Maceda