Publicado en La Voz de Galicia el 24/12/02
O noble de Maceda foi o navegante ó servicio da Coroa portuguesa que deu con Ceylán e descubriu as illas atlánticas de Ascensión e Santa Helena
A pasión pola investigación naceu en Santiago Prol cando foi conscente de que a súa vila natal, Maceda (Ourense), non só foi un florecente condado, senón cuna de relevantes homes ó longo da historia. Un deses personaxes é Joao da Nova, un noble que trala revolta dos Irmandiños tomou camiño cara Portugal donde, logo de facerse un oco entre a nobleza, chegou a ser un mariño ó servicio da Coroa que descubriu as illas atlánticas de Ascensión e Santa Helena, hoxe inglesas, e a mítica Ceylán.
-¿É recoñecido como merece en Portugal?
-Non. A historiografía do país veciño ninguneouno, penso que por un certo sentimento xenófobo e porque houbo interés en ocultalo e en dar versión equívocas del e das súas xestas para favorecer a Afonso de Alburquerque, un navegante ó que os cronistas da época favoreceron ata ocultar os seus excesos sanguentos.
-¿A biografía recuperará a figura deste galego?
-É o que pretendo, porque foi o personaxe máis relevante da historia de Galicia do século XVI. E reivindico a súa inclusión nos libros de historia e textos de ensino medio. Pero non é unha biografía acabada, porque despois de publicarme o libro a Deputación de Ourense soupen que tamén descubriu a illa Trinidade, frente a costa do Brasil.
-¿Por que decidiu investigar sobre el?
-Decateime de que se cumprían 500 anos das súas descubertas, e deixei o traballo que estaba a punto de rematar sobre García Mosquera, un dos precursores galegos, tamén de Maceda.
-¿Foi doado investigar?
-A información está dispersa. En catro anos manexei 170 libros e contrastei datos de 17 webs.
Ver noticia original en La Voz de Galicia