Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Pro-Autovia A-76
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

070406_Procesión_Caladiños_06.JPG
070406_Procesió ...

070215_Jueves_Comadres_16.JPG
070215_Jueves_C ...

080708_Excursión_Rianxo_Corrubedo_04.JPG
080708_Excursió ...

071027_II_Fiesta_Matanza_07.JPG
071027_II_Fiest ...


Photo Gallery


 
Noticias y Prensa Vigo e Cataluña (Por Antonio Otero Ferreiro)
Enviado porAdmin el 30/12/2003 12:53
Contribución de Anónimo

Carta ó Director publicada en prensa en Decembro de 2003.

Vigo e Cataluña As derradeiras eleccións municipais en Vigo (25 de Maio) tiveron un desenlace totalmente diferente ó das eleccións autonómicas en Cataluña (16 de Novembro). Nembargantes, houbo algunhas similitudes nos resultados. En Vigo e en Cataluña, por número de conselleiros e de deputados autonómicos, respectivamente, gañou (sen maioría absoluta) a dereita, o PP en Vigo e CiU en Cataluña, mais neste caso trátase dun partido nacionalista, aspecto importante para Cataluña e para o Sr. Aznar, aínda que por cuestións enfrontadas. Poren, tanto en Vigo como en Cataluña, a esquerda sacou máis votos ca dereita e nos dous casos formouse unha candidatura de consenso, para a alcaldía de Vigo, apoiada por 2 partidos (o PSOE e mais o BNG) e para presidente de Cataluña, por 3 (PSC, ERC e ICV), encabezada, nos dous casos, por o candidato do partido socialista. Pero o Sr. Mariño non é un político nin o será endexamais porque notáselle en demasía o estrado de xuíz incontestable; e o Sr. Maragall ten un currículum político de alcalde de Barcelona aceptable, aínda que, tamén, cun pasado gris de xefe da oposición no Parlamento de Cataluña, en definitiva, un político curtido nos éxitos e nos fracasos. Por contra, o desventurado, independente e desgaleguizado Sr. Mariño exerceu o poder do consistorio de Vigo coma o seu peor inimigo, sempre autoritario ca oposición e a miúdo desconfiado cos seus socios no goberno municipal, o BNG, que aínda estaba, supoño, resentido da anterior lexislatura cando o alcalde era, en minoría, o Sr. Castrillo, co apoio do PSOE. Daquela, os dous partidos do goberno municipal, nembargantes, chegaron xuntos ó final da lexislatura tras un torto e raposeiro camiño. Despois, o PSOE presentou unha candidatura renovada, con cara nova na cabeza de lista, importada das altas maxistraturas de Madrid, pero alguén se equivocou, sen dúbida, porque o que sementa ventos recolle tempestades. Vigo non necesitaba ilustres persoas da xudicatura senón políticos humildes do pobo coñecedores da súa realidade. Dende fora de Galicia, en xeral, poucos entenderon o que pasou nas eleccións municipais: a epidemia das vacas tolas, a catástrofe do Prestige e a guerra de Iraq non pasaron factura política dabondo ó PP; poren, o que pasou no concello de Vigo o 13 de decembro, co último desvencellamento, que non o primeiro, entre o PSOE e o BNG, reaviva a incomprensión alén das fronteiras de Galicia, máis se cabe, cando uns días antes, ¡oh bendita política!, aconteceu na Deputación da Coruña o que non foi posible no Concello de Vigo. ¿Por que se pactou na Deputación da Coruña e non no Concello de Vigo? ¿Pro PSOE foi máis importante acadar a Deputación da Coruña que conservar a alcaldía de Vigo? ¿Inmolaron o Sr. Mariño, alcalde da maior cidade de Galicia, para satisfacer as apetencias provinciais e municipais do Paco Vázquez? Unha vez que o Sr. Mariño perdeu a moción de confianza no pleno, ¿que o PSOE non presentara outro candidato alternativo, decidírono en Santiago ou en Madrid? Os políticos locais e autonómicos de Galicia, tanto do PSOE coma do BNG, non estiveron a altura dos intereses de Vigo e si dos da Coruña, ¿por que? Dóiome por Vigo porque dome Galicia, habendo nacido eu nunha aldea de Ourense. Non critico que haxa unha alcaldesa do PP en Vigo, democraticamente elixida. Cuestiono que o PSOE rompera o pacto co BNG e non soubera recompolo de novo. Importoulles máis A Coruña ca Vigo. Poren teño a esperanza de que as cousas en Cataluña vaian por derroteivos ben distintos a como foron en Vigo, que o "seny" catalán nos leve a bo porto toda a lexislatura e que o final non sexa similar ó acontecido en Vigo. Pero os comezos non foron tranquilos: o goberno tripartito estivo maldicido por o inmobilismo do Sr. Aznar, as profecías apocalípticas do Sr. Ybarra, a demagoxia do Sr. Cuevas e a arenga militar involutiva do Sr. Fraga; todos se enfrontaron ós mensaxes dialogantes do Sr. Maragall e do Sr. Carod-Rovira. O tira e afrouxa, entre Madrid e as Autonomías máis reivindicativas, promete un inverno quente hate as eleccións lexislativas. Poren as eleccións autonómicas en Galicia tamén están preto: Dialoguen sen complexos, e fagan posible un pacto duradeiro para os intereses de Galicia, como na Coruña e outros concellos gobernados por pactos BNG-PSOE. Non poden primar máis os personalismos dos políticos ca política en xeral, os actores máis ca obra, o corazón máis ca cabeza. A política é pactar, é escoitar, é futuro, e non son "egos" a curto prazo nin pórlle portas o monte. Cómpre que entren aires airiños novos no fogar de Breogán. (Por Antonio Otero Ferreiro)


 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Noticias y Prensa
· Noticias de Admin


Noticia más leída sobre Noticias y Prensa:
Elecciones Municipales 2007 - Información de interés


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.31 Segundos