Publicado en La Voz de Galicia el 20/10/02
Santiago Prol publica a vida dun dos grandes descobridores das rutas das Indias ó servicio da coroa portuguesa a comezos do século XVI
A coroa portuguesa atraeu a mariños que buscaban descobrir as rutas das Indias. Un deses mariños era galego, das ourensáns terras de Maceda. Esquecido ata hai ben pouco tempo, cando o traballo do profesor valgués Santiago Prol recuperou a súa vida e o calado da súa labor como mariño.
Joao de Nova é o nome deste navegante motivo do libro editado pola Deputación de Ourense. Resulta ser un dos grandes navegantes galegos de todos os tempos e a súa navegación permitiu afianzar unha ruta que ligara Portugal coa India e o oriente. A caída de Constantinopla pechou a ruta das terrestre da seda e das especias, polo que os mariños tiveron que buscar un itinerario marítimo que circundando África permitise manter o abastecemento das mercadorías importadas. Na búsqueda e afiazamento da ruta participou Joao de Nova.
Comandou a III Expedición á India. Chamábase así, pero en realidade a viaxe procuraba tamén o ouro que Vasco de Gama descobrira en Mozambique, chegar ós reinos asiáticos e topar unha ruta que permitise as embarcacións afrontar con garantías o Cabo das Tormentas, para o que era necesario achegarse máis ás costas do Brasil para logo virar o sentido, esquivando os alisios do Atlántico.
Ligadas a esta expedición aparecen as illas da Ascensión e de Santa Helena, a segunda asociada históricamente á figura de Napoleón no seu último confinamento. Din as crónicas que as dúas illas foron atopadas polo mariño na viaxe de volta.
A biografía do navegante é recuperada por Santiago Prol de maneira detallada e concienzuda, desde súas orixes no condado de Maceda ata a incorporación como un dos grandes persoeiros do reino portugués no século XVI.
Ver noticia original en la Voz de Galicia