Tattoo 2005 - Programa Festival Folk
Enviado porAdmin el 06/08/2005 19:00
Contribución de Admin
Presentámosvos o programa do Festival Folk que se celebra esta vindeira semán nos rededores do Castelo de Maceda.
TATTOO GALEGO
No Castelo de Maceda
FESTIVAL FOLK
13 de Agosto de 2005 ás 23:00h
Cea Medieval no Castelo de Maceda ás 21:00h con entrada
Banda de Gaitas “Dragóns Vermellos”, de Cabeza de Vaca (Ourense)
Integrada totalmente por xente xove o que fai que os seus espectáculos de concertos, desfiles, etc se convirtan en algo único pola súa orixinalidade, colorido e creatividade. Conta con un amplo e variado repertorio donde se poden atopar todo tipo de ritmos e melodías, tanto actuais coma de nova creación. Así podemos atopar unha variedade de muiñeiras, alboradas, xotas, pasodobres, polcas, himnos, rapsodias, marchas, etc. Creando un total de 60 melodías. Pódese dicir que ten un denso currículum donde se combinan actuacións populares en festas e romarías con premios e primeiros postos en distintos campionatos tanto provinciais como nacionais. Nomear como dato importante para dar conta da súa alta calidade musical a pronta realización dun traballo discográfico.
Banda de Gaitas do Concello de Esgos, de Esgos (Ourense)
Iniciada polo ano 1993, formada por 27 compoñentes preséntanse oficialmente na toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia nos campionatos da LL. GG. BB. GG. Participa no primeiro Certame Galego de Bandas e Grupos de Gaitas da TVG, e no 96 grava un CD con outras bandas da zona da Ribeira Sacra ourensá. Algunhas das actuacións máis relevantes son: Elgoibar, Ermua, Alcalá de Henares, Colmenar del Arroyo, Val de Morillos, Badajoz, Mondariz, Porriño, Lalín, Baiona, Eibar, Aveiro, Norte de Portugal, etc. ademáis das exposicións como Expourense, ou a feira de mostras de Valladolid. Sen esquencernos da Gran Parade da Ville de Calis e na Salle des fetes de Amiens en Francia. Na actualidade a Banda de gaitas do Concello de Esgos milita no segundo grao da LL. GG. BB. GG.
Agrupación Cultural Chouteiros, de Maceda (Ourense)
Naceu no entorno do Concello de Maceda a principios do ano 1999. O principal fin que persigue esta asociación é o fomento e a promoción do baile galego e a súa divulgación, o fomento e participación das novas xeracións en actividades relacionadas co baile galego. A súa principal actividade é impartir clases de baile galego a todas aquelas persoas que o desexen e a condición que se require é ter cumpridos 5 anos. Hai grupos de baile según a idade dos seus integrantes (37 en total) que actuaron en varias ocasións no Concello de Maceda co gallo das festas patronais, e noutros actos culturais da provincia de Ourense e Zamora.
Banda de Gaitas de Asturias (Asturias)
Creada no ano 1996, orixinada a partir dunha pequena agrupación do occidente asturiano e logo ampliada en 1995 primeiramente a 15 compoñentes e actualmente a 20 gaiteiros e 5 percusionistas. Esta banda dirixida por Martín Cascudo participou en eventos internacionais de Bretaña, Italia, Croacia, Portugal ademáis de percorrer gran parte do territorio español. Portan indumentaria tradicional da zona Vaqueira con típicos bordados e reforzos e no tocante a súa música céntranse tanto na música tradicional como en composicións propias do seu director.
Grupo de Pandereteiras “Debanadoira”, de Maceda (Ourense)
Naceu en Maceda despois de que o concello organizara un curso de percusión. Vendo a súa boa aceptación un grupo de mulleres, más as que se animaron despois, formaron o actual grupo Debanadoira. Actualmente a asociación conta con tres grupos: dous infantís formados por un conxunto de 20 nenos e nenas, e outro de adultos composto por 17 mulleres. Impártense clases tódolos venres da semana. Os grupos actúan en Maceda en datas sinaladas como o nadal, magosto, festas patronais, festa medieval; noutros lugares da provincia, como en Muiños (fornada), no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, en diferentes xornadas etnográficas con oleiros, fiadeiras, etc... A asociación ademáis adícase a recoller cantigas no municipio visitando tódolos pobos que o integran e gravando o saber popular dos maiores con intención de recuperalo.
Banda de Gaitas de Boborás, de Boborás (Ourense)
Nace esta banda polo ano 1997 froito dun anhelo do Concello de Boborás por acercar a música da nosa terra á xente nova. Inda que é una formación de recente creación podémoslle atribuir grandes logros nesta curta andaina como pode ser a realización de unha peregrinación do Cebreiro a Santiago de Compostela no ano Xacobeo do 99 , sendo a única banda de gaitas que participou no Desfile da Independencia de Panamá representando a España. Esta banda dirixida polo ínclito percusionista Antón C. Requeixo tamén ten visitado outros países como Francia ou Portugal despois de percorrer, por suposto, gran parte da xeografía española.
Banda de Gaitas “A Peniza”, de Vilar de Barrio (Ourense)
Comezou a súa andaina no ano 1996. Participando por primeira vez no campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas que se celebrou en Ourense en xuño dese mesmo ano. Na actualidade conta con 20 membros baixo a dirección de Xurxo Gómez Fidalgo. Trata de espallar a música e a cultura galega por tódolos sitios nos que lle brindan oportunidade. Ten actuado nas catro provincias galegas, Madrid, Toledo, Segovia, o País Vasco e mesmo fóra das nosas fronteiras, no país veciño, Portugal.
Grupo “La Tribu”, Galaico-Madrileño
Creado no ano 2004. Os seus 7 compoñentes son todos estudiantes ou titulados na música tradicional e/ou clásica e teñen ámpla experiencia noutras formacións musicais como as Bandas de Gaitas Toxos e Xestas e Lume de Biqueira ou Grupo Folk Alann-Bique. A formación do grupo establécese para cada actuación variando dende o septeto ata o cuarteto tradicional, alternándose neste último os seus distintos compoñentes. A súa música baséase fundamentalmente en pezas galegas de compositores actuais Ernesto Campos, Suso Vaamonde, Pedro David Lamas Varela, etc., ademáis de todas aquelas pezas tradicionais insustituibles no repertorio de calquer grupo que se precie.
Grupo folk “Vicus”, de Vigo (Pontevedra)
O grupo constitúese no verán do 2001 ó abeiro da Casa da Xuventude. Coa fusión de varios proxectos emerxentes dentro do folk e a mestizaxe, chegando a ser unha formación de ata 11 músicos, aínda que a nova formación actual consta de 6, xente moi activa no panorama musical do momento no mundo do folk, jazz, rock... e con experiencia nos escenarios a pesar da xuventude. Os seus membros son: Lorena Freijeiro: gaita e flautas Alexandre Fernández: guitarra, teclados e percusión tradicional Alberto: Acordeón Gabriel: baixo José Troncoso “Pavero”: percusión, tumbadoras e caixón Javier Barral: batería e percusión É a partir de Agosto de 2003 cando o grupo reeestructúrase, mantendo o principal da formación, e buscando novos conceptos e ideas dentro do folk galego.
Grupo folk “Xerfa”, de Vigo (Pontevedra)
O proxecto deste grupo nace en outono de 2002, cando os camiños de xente tan dispar se cruzan pola conectividade musical deste xénero, o folk, sempre máxico e solidario, encargado de unir ás ánimas perdidas, tan dispares e tan afins como os músicos que forman Rejos. Tres mozos vigueses: Abraham Fernández (gaita e flautas), Milla (percusión) e Diego Langarika (guitarra) separados pola hostilidade do tráfico vigués e unidos polos despropósitos da vida. Teis vs. Travesas.... Empacadora vs. Citröen... Pertencentes a tres xeracións diferentes amamantadas polos cheiros do río Lagares, non impide que as circusnstancias dos seus fracasos sentimentais, e de tipo conyugal, desemboquen nas súas avenencias pola birra e a boa música. No 2003 Abraham marcha ás Illas Británicas para probar fortuna, fortuna que torna en ruina, que por sorte o trae novamente a Galiza. Ante tal panorama, facía falta un 4º elemento. ¿Qué mellor sitio onde atopalo que na terra blanquecina, impoluta e incorruptible de Vilagarcía? De alí chega Alfonso Merino, cargado de boas intencións com seu inseparable violín. Da unión dos 4 saliu unha espuma branca chea de forza e de rabia, de sóns e sensacións, do reclamo por imperativo da sorte para estes desgraciados... semellante á Xerfa, que produce o mar ó botar coas rochas.
Organiza:
Banda de Gaitas de Maceda
Colaboran:
Concello de Maceda Maceda Medieval Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Deputación de Ourense
|