Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Motomeda - Concentración Gaiteiro 08
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda
· Maceda en Lively, mundo virtual de Google

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

080105_Visita_Reyes_Magos_14.jpg
080105_Visita_R ...

080807_Pista_ou_peste_04.jpg
080807_Pista_ou ...

070803_cea 44.JPG
070803_cea 44.J ...

070731_nº1_Boletín_informativo_02.JPG
070731_nº1_Bole ...


Photo Gallery


 
Noticias y Prensa SEMPRE GALIZA
Enviado porAdmin el 13/02/2003 14:42
Contribución de Admin

Opinión de uno de nuestros visitantes macedanos publicada en la anterior versión de la web el 13/2/03



Ó longo das últimas semanas leo e escoito opinións cheas de prexuízos contra a plataforma NUNCA MÁIS e deduzo a negativa cultura democrática que hai en determinadas posturas de persoas e institucións pouco acostumadas a que 200.000 persoas se manifesten en Santiago, en liberdade; todo porque o noso goberno non quere escoitar as voces anónimas (nin da oposición) disonantes coa súa xestión no tema “Prestige”, nin ver pancartas pedindo dimisións, nin asumir comunicados de científicos españois, porque pro Sr. Aznar, amo e xestor da maioría absoluta parlamentaria, é deslealdade e electoralismo, e ninguén lle pode levar a contraria.

Pero xa cheiran e outean as orellas ó lobo das próximas eleccións municipais e non perden ocasión de intentar desprestixiar a marea humana de NUNCA MÁIS.

¿Que terá a plataforma NUNCA MÁIS que todos os do PP a maldicen? “Calumnia que algo queda” é a súa principal arma electoral.

¿Por qué a plataforma NUNCA MÁIS non pode gastar diñeiro privado, recadado por apartacións voluntarias de xente de boa vontade, en pancartas, autocares, altavoces, pegatinas, carteis, folletos, manifestacións… e en todo o que supoña exercer, como cidadáns, dereitos constitucionais, e sen embargo o goberno sí pode gastar diñeiro público (¡7,2 millóns de euros!) en autopropaganda pra recordar promesas electorais ós pensionistas sobre o desfase da inflación no IPC, pra imprimir e distribuír os folletos do “Plan Galicia”? ¿Esto non é electoralismo gobernamental, pagado por todos?

¿Por qué naceu NUNCA MÁIS? Os que non sepan contestar esta pregunta, que proben coas seguintes: ¿Quén foi primeiro, o ovo ou a pita; o virus ou o antídoto; a causa ou o efecto? Hai que reivindicar as liberdades de expresión e de manifestación e rechazar a mordaza parlamentaria coa que o Sr. Aznar castigou á toda a oposición na recente sesión do Congreso de Deputados sobre a indesexable guerra contra Irak. Lembro e subscribo os versos que leu J. A. Labordeta: “deixai ó neno na súa cuna que durma”.

Pero con belicismos como o de algunhas xentes contra a plataforma NUNCA MÁIS e o seguidismo do Sr. Aznar á política do Bush, negros horizontes lle esperan ós nenos iraquíes e ós fillos dos galegos que viven do traballo nas rías contaminadas de fuel.

O conformismo secular dos galegos acabouse e NUNCA MÁIS encargouse de enterralo e confirmalo, a pesar de que a Xunta contraataque có slogan “Galicia máis que nunca” e a fiscalicen cunha querella impresentable dun sindicato innombrable de curioso curriculum. É a oposición da oposición. NUNCA MÁIS, e as persoas que houbo na manifestación de Santiago, fixeron máis por Galiza nun día que mil decretos e un goberno puideran imaxinar. E o Sr. Aznar, contradictorio e antisolidario, nunha das dúas últimas veces que viaxou á Galiza, pediulle ós afiliados do PP que saíran á rúa, sen avergonzarse e enfrontándose á impopularidade ganada a pulso por os responsables do chapapote ciscado no mar, mentres il atrincheirábase nos despachos, sen atreverse á pisar as rúas dos pobos máis afectados da Costa da Morte nin dar a cara, ou a man, ás xentes que sufriron as tres primeiras mareas negras do Prestige, gracias a que unhos poucos converteron un accidente nunha catástrofe.

Critican á plataforma NUNCA MÁIS os mesmos que criticaron a liberdade de expresión na entrega dos premios Goya do cine español, aducindo que ise non era o foro pra facer reivindicacións políticas, sen embargo eles comulgan coas manipulacións e censuras dos informativos en TVE e TVG.

E atacan á NUNCA MÁIS os mesmos que defenden o déficit presupostario cero e puntúan con cero pataqueiro calquera pensamento, palabra ou obra que lles moleste ou critique, pero non aplican a mesma aritmética pra conseguir reducir á cero o paro e as listas de espera en Sanidade, a corrupción cero, a censura cero, o desfase cero na previsión anual da inflación, etc.

Quedan moitos ceros por conquistar, pero aqueles a quen lle estorban as mulleres e os homes de NUNCA MÁIS, queren aplicarnos a tabla do… “multiplícate por cero”.

Pero nin desapareceremos nin nos calaremos. E que o sepan, SEMPRE GALIZA.

Antonio Otero Ferreiro.



 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Noticias y Prensa
· Noticias de Admin


Noticia más leída sobre Noticias y Prensa:
Elecciones Municipales 2007 - Información de interés


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.29 Segundos