Publicado en La Voz de Galicia el 2/4/03
Con 43 anos de idade, adicado ó ensino e ó mundo da asesoría, Bieito Seara volta a presentarse polo BNG á alcaldía macedana.
-¿Que necesita Maceda na nova etapa que se aveciña?
-Evitar o abandono da poboación, que aquí estámoi viculado ó urbanismo e á actividade comercial. Imos ter como eixo principal, se recuperamo-la responsabilidade de governo, a actividade económica enlazada co tema gandeiro e forestal. Agora que levamos vinte anos intentando ter un plan urbanístico e que xa o temos haille que sacarlle toda a potencialidade que ten, facendo política de choque para que a xente veña vivir aquí e non se vaia a outros lugares como Ourense, a 20 kilómetros.
-¿Como define a política local deste mandato que expira?
-De farola e chapapote, de firma de papeis e nós estamos pola labor da rpomoción económica. A que acaba foi unha lexislatura moi apagada onde o PP que governa di que partiu dunha situación hipotecada e non é certo. Na práctica acabamos catro anos de perda para o noso Concello, que cada vez costa moito máis recuperar pero eu son dos que pensan que este municipio ten moito futuro.
-¿Cantos anos leva na cousa pública?
-Vinte, 16 como concelleiro e catro como alcalde.
Noticia original en La Voz de Galicia