Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Pro-Autovia A-76
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

071027_II_Fiesta_Matanza_02.JPG
071027_II_Fiest ...

080421_Cata_Vinos_06.jpg
080421_Cata_Vin ...

060803_Cartel_Carilanos.JPG
060803_Cartel_C ...

060807_Fiestas_Maceda_03.JPG
060807_Fiestas_ ...


Photo Gallery


 
Gentes y Personajes Xoán Babarro González
Enviado porAdmin el 24/07/2005 14:23
Contribución de Admin

Xoán Babarro es otro de los personajes ilustres de nuestro entorno. Maestro y escritor reconocido y premiado es otro de los grandes creadores de la lengua gallega.

Incorporamos a nuestras páginas los datos que su autobiografía reflejan en la Biblioteca Virtual Galega:

Nacín en Calvelo de Maceda (Ourense) día e medio antes da Noiteboa de 1947. Realicei na escola da aldea, entre recendos de nabiña e música de carros, os estudios primarios e cursei máis tarde en Ourense o bacharelato e a carreira de Maxisterio. No corpo de mestres ingresei por oposición en 1968. Quizais tres anos antes desa data comezaran as miñas relacións coas letras ó descubrir na biblioteca unha serie de andeis reservados para libros escritos no, ata o daquela, meu ágrafo idioma. Desenvolvín o labor docente durante tres anos en Asturias, onde tamén me licenciaría en Filosofía e Letras.

En 1971 trasladeime a Galicia e exercín varios cursos en Muxía e en Ordes. Os primeiros anos deste destino fóronme especialmente intensos en ilusións no que respecta á implantación do galego como materia e mais como idioma vehicular para as Ciencias Sociais (tempos aínda no que ámbalas dúas cousas se contemplaban como utopía). Aquelas experiencias darían como froito diverso material de carácter didáctico e textos literarios que verían a luz da imprenta posteriormente, como é o caso da peciña Teatro de todo o ano (Cuadernos da Escola Dramática Galega, 1978) ou as traduccións A cabra do señor Seguín de Daudet (Grial, 46, 1974) e O testamento do tío Nacho de Angels Garriga (Cuadernos da Escola Dramática Galega, 1982).

O Premio de contos "O Facho" en 1974 e as colaboracións en Vagalume en 1975 marcaron dalgún xeito a entrada oficial na literatura infantil. Por estas datas tamén inicio a miña singradura vital con Ana Mª Fernández, persoa coa que levo compartido tantos proxectos e tantas alegrías no mundo das letras (Premio "O Facho" de teatro de 1983, "O Barco de Vapor" de 1985 e 1989, etc.).

En 1982 consigo as oposicións a cátedras de Lingua e Literatura Galega para institutos de ensino medio, circunstancia que me obriga a cambiar de destino docente. A comezos dos noventa volvo os ollos cara a Asturias, pero, desta vez, para desenvolver un estudo sobre a súa franxa lingüística máis occidental, co que obteño o grao de doutor en 1994. As vivencias nas terras do Navia traduciríanse tamén en abundantes escritos destinados ó público infantil destas comarcas, moitos deles aínda inéditos.

Ficha del autor en la Biblioteca Virtual Galega

 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Gentes y Personajes
· Noticias de Admin


Noticia más leída sobre Gentes y Personajes:
Boda en la familia de los Quintas-Lorenzo


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.29 Segundos